Sentinelas da lúa carmesí de Andrés Castro, Ozo Perozo e Alexandre Senande está publicado na colección Banda deseñada de Galaxia.
A volta á aldea, o pai traballando na farmacia e o farmacéutico un tipo raro, a familia con segredos, a panda de rapaces correndo destrás do misterio. Unha alternancia de viñetas realistas con outras en cores vermellos e amarelos que falan de terror e un "continuará" que nos deixa en suspenso. Porque "Desde os albores dos tempos, seres míticos e humanos coexistían en paz e harmonía. Pero un día, os homes comezaron a perseguir o que non comprendían. Tres mouras foron confundidas con bruxas e condenadas á fogueira. Unha delas fuxiu, propagando unha maldición que case acaba coa humanidade enteira. As criaturas mitolóxicas acordaron entón manter a moura encerrada mediante un conxuro ligado á non intervención do humano devir. A lenda di que unha cría humana será quen volverá unir ambos os mundos..."
Ningún comentario:
Publicar un comentario