Amosando publicacións coa etiqueta Federico Fernández. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Federico Fernández. Amosar todas as publicacións

martes, 14 de maio de 2024

Lectura fácil. Libro con pictogramas


Chibos chibóns con texto de Bata a partir da versión de Olalla González e ilustracións de Federico Fernández. Traducido por Iago Nicolás e publicado por Kalandraka na colección Makakiños ("porque hai persoas que nos ensinan a ver con outros ollos, a ler con outras palabras. Con elas aprendemos que, ás veces, un sol pode ser unha lúa"). 

Da presentación editorial: "Esta é a coñecida historia de tres chibos, un grande, outro mediano e outro pequeno, adaptada agora a linguaxe pictográfica (SPC) en galego."

Para a inclusión, para que toda a infancia poda ler sexa cal sexa a súa competencia, ten que haber libros con pictogramas. O mellor é poder editalos contando con asociacións con tradición e experiencia neste campo como Bata, para romper barreiras  de incomunicación e estimular o camiño da lectura. 

A historia é ben coñecida: tres chibos de diferentes tamaño, un peqeunno, un mediano e un grande, cada un deles ten a barba e os cornos que lle corresponden e que provoca unha fermosa repetición. Un dñia deciden baixar da ntaña ao val para comer herba fresquiña pero han de pasar unha ponte que entraña un perigo: está gardada por un ogro ao que conaseguen enganar e así poder á madurez.

Un álbum ilustrado para aumentar a colección de libros de lectura fácil, libros que facilitan a inclusión.