Dende o ano 2013, e con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, a Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña (UDC) organiza a exposición bibliográfica colectiva Mulleres nas Bibliotecas da UDC.
O obxectivo de cada unha destas mostras é rendir homenaxe a todas as mulleres que traballaron e traballan nos campos da ciencia, a cultura, a tecnoloxía ou a arte.
Cada ano, estas exposicións exhíbense nalgunhas das
bibliotecas da UDC e, ao tempo que se presentaban os paneis con
algúns datos sobre as súas vidas, seleccionábanse libros ou artígos
escritos por elas ou sobre elas. Como complemento a todo este material, facilitábase información interactiva a través das páxinas web das bibliotecas, aotempo que se realizaba algunha actividade complementaria.
Máis información na páxina de onde se tomou a información, que pretenda dar a coñecer algún recurso máis arredor desta temática, e abrir a posibilidade de préstamo a outras institucións.
venres, 18 de agosto de 2017
mércores, 16 de agosto de 2017
De autores: Diego Ameixeirass revisar
Escritor de novela negra, seguidor do xénero ata o punto de homenaxear a David Goodis en A noite enriba ou traducir Colleita vermella de Dashiell Hammett.
Semella que novela negra vai xunguida a crise, a actualidade pero tamén a cidade. As súas son Santiago e Ourense, onde da man do detective Horacio Dopico, navega polas novelas Baixo mínimos e O cidadán do mes.
A novela negra debe ser a crónica social do seu tempo, ten afirmado, e demóstrao nesa escrita áxil e intelixente, con economía de palabras pero cun humor acedo. Unha escrita na que pairan atmosferas opresivas e violentas, nas que nada pode rematar ben porque non sería crible un mundo xusto despois de todo o que levamos visto. Polo tanto, non agardemos paz ou un sorriso cando pechamos o libro, senón unha certa incomodidade que nos fará buscar outro para meternos na seguinte historia.
Ameixeiras introduce elementos imaxinarios, normalmente vinculados ao nacionalismo, á beira doutros que poderían ser reais se lle quitamos algo de sangue. Un xogo de espellos, algúns máis deformados que outros, os que os detectives han de ir adiviñando todas as trampas que unha detrás doutra van cubrindo o camiño da investigación. Perdedores e matalotes, tramas inmobiliarias e financieiras... de todo e a música acomapañando a narración, ela, tan necesaria como todo o consumo.
De Tres segundos de memoria, premio Xerais 2006: "Coa única persa coa que quero marchar desta cidade é comigo mesmo, pero necesito a alguén que me acompañe para estar só". Así pode ser de contraditorio, algún dos personaxes creados por este autor traducido ao castelán, catalán, alemán e italiano e incluído
na antoloxía de autores arxentinos e españois Charco negro (2013).
domingo, 13 de agosto de 2017
Beneficios da lectura (unha vez máis)
Distintos estudios comprobaron que a lectura non ó serve para mellorar o nivel cultural senón que tamén produce bens saudables, por exemplo...
Favorece a concentración e
aumenta a materia gris do cerebro
Axuda á memoria cun adestramento frecuente
Reduce o tensión, facilita a relaxación e diminúe a depresión
Entretén a mente
Reduce o
alzheimer ao incrementar a forza do tecidos do cerebro
Ademais...
Aumenta o vocabulario
Mellora a oratoria (seica Cicerón afirmaba que a falar non se aprende falando senón lendo)
Ccontribúe ao desenvolvemento da obxectividade e a toma de decisións
Axuda a atopar emprego
Favorece o éxito profesional, etc.
E incluso poderiamos achegar que o fomento da lectura é o camiño máis rápido cara á cultura.
Hai quen dea máis?
venres, 11 de agosto de 2017
A diferenza na literatura infantil
En Latinoamérica, literatura infantil contra a homofobia.
Sombras en el arco iris de Mónica B. Brozon é o primeiro libro onde aparece esta temática na editorial Fondo de Cultura Económica (FCE). Esta escritora mexicana conta que foi a raíz dunha nova sobre Ricki Martin e os seus fillos ao ver os comentarios dos lectores os que aparecían moitas mensaxes de odio e homofobia. Conta: “Pareceume horrible; doume vergonza vivir nun país como este".
Constanza, a protagonista, é unha nena que sabe que seu irmán maior en un mozo, e que ambos decidiron contarlle á familia que están namorados.
A historia deixa claro que a homosexualidade non é un
problema, pero a homofobia sí.
Quería que as novas xeracións viran con naturalidade algo que está aí desde sempre e "a mellor forma de facelo, é a través dunha historia, porque se ti como autor encariñas ao lector cun personaxe e lle mostras as consecuencias que ten o prexuízo, estás provocando sentimentos, e os sentimentos son máis formativos que a información"
Quería que as novas xeracións viran con naturalidade algo que está aí desde sempre e "a mellor forma de facelo, é a través dunha historia, porque se ti como autor encariñas ao lector cun personaxe e lle mostras as consecuencias que ten o prexuízo, estás provocando sentimentos, e os sentimentos son máis formativos que a información"
Socorro Venegas, Coordinadora de Obras para a Infancia do FCE, opina que “Falar aos nenos do respecto á diversidade sexual é quizás máis urxente nun mundo no que estamos tan
expostos aos medios de comunicación e ás redes
sociais”l.
Porque "os libros son importantes
xa que constitúen o espazo simbólico no que os nenos van entendendo as
representacións sociais e culturais do seu país, sociedade, escola. Se
sempre se mostra a heteronormatividade, tradúcese en que iso é o deber ser. E se un neno non ten una familia como as que aparecen
na revistas ou nos libros, entón algo está
pasando mal comigo”, comenta un profesor universitario e activista.
Non só a homosexualidade, non só os diferentes pos de familia, tamén os desaparecidos,... todo iso está a aparecer nesta literatura que presenta situacións e modelos para todos e todas.
Noticia recollida de Verne.
Non só a homosexualidade, non só os diferentes pos de familia, tamén os desaparecidos,... todo iso está a aparecer nesta literatura que presenta situacións e modelos para todos e todas.
Noticia recollida de Verne.
xoves, 10 de agosto de 2017
Algúns videos que parten de libros
O CEIP da Ramallosa, recolle algunha destas representacións:
... para viaxar.
mércores, 9 de agosto de 2017
Libros e lecturas


Kibuko de Xavier Estévez na colección Oqueleo de Obradoiro.
Dous mudos contactando entre si: real e un de ficción,no medio unha nena deprimida pola morte do pai e un tesouro que abre portas, unha cámara de fotos, e o encargo de facer cinco fotos: o edificio máis bonito da cidade, as figuriñas do xardín do veciño, a súa irmá, a súa nai e ela mesma. Do outro lado, o universo de Kibuko está a desaparecer a pasos axigantados e el debe facer algo por impedilo. Farao e conseguirá que a filla continúe a soñar co imaxinario do pai.mentres observa como as demais van soportando a dor da perda de maneira digna e solidaria.
Da mesma colección pero, neste caso, para lectores a partir do doce anos, é O Bosque Pálido de Jaureguizar. Con humor, cóntanos Lidia a súa historia.Filla de Adam e Eva, anda bailan dun a outro extremo, do músico case marxinal á muller convencional,cada un buscando o mellor para a filla e discutindo entre eles. Decidín enviala a unha illa a aprender inglés. Na costa recóllea un mariñeiro que semella pirata e lévaa a un lugar sinistro. Alí todos e todas visten á moda de hai séculos, viven de noite, dedícanse á rapiña facendo naufragar os barcos ou despistándoos por medio dos radares e internet. Sobrevive así un grupo de albinos, chupándolles a enerxía -a base de abrazos- a aqueles que conseguen levar á illa... pero, no medio de todo iso, Lidia namórase dun destes rapaces e consegue fuxir con el levándoo á súa casa. E si, hai un bosque pálido con sepulturas...
Haberá que ler e entrar na mellor narrativa de Jaureguizar.
O segredo da casa de Formoso de Héctor Cajaraville. Así o presenta o autor no seu blogue:
"David acaba de facer dezaoito anos e é o único fillo dunha parella de
emigrantes galegos en Nova Jersey. No verán previo ao seu ingreso na
universidade viaxa a Galicia, onde só estivera ao pouco de nacer, co fin
de asinar os documentos para a venda da casa que os Formoso, a súa
familia materna, herdaron na localidade costeira de Faramontáns.
A súa intención inicial é regresar de inmediato, pero axiña van
aparecendo razóns polas que prolongar a visita: unha Galicia que pouco
ten que ver coa idea que el traía na cabeza, unha familia coa que nunca
ata entón tivera contacto, un misterio arredor da «casa de Formoso» que
enterra as súas raíces na guerra civil... E o amor, que xorde de súpeto
polo lado máis imprevisible.
Unha historia de sentimentos, pescudas, confidencias e revelacións
que desemboca no achado máis transcendental: o que nos dá as claves para
descubrirnos a nós mesmos".
Ese pé en New Jersey con todos os nosos emigrantes, en Newark ou Bayonne. Os pais traballando no que poden, o rapaz entrando na universidade pública, a máis barata pero non mellor, os seus amigos nunha mostra de diversidade, o seu tempo coincidindo coa presidencia de Obama...
O outro pé en Galicia, Santiago e o concello de Céltigos, o tío rico e ostentoso, as tías da aldea tranquilas e familiares, a prima avogada empoderada e a adolescente buscando sr foco de atención; a outra rama familiar cun avó que debe ser un dos personaxes máis duros e breves da nosa literatura, unha avoa que resiste e unha tía enferma... unha casa fráxil e cruel da que sae fuxindo... pero é na outra póla onde vai descubrir a cara do horror, un avó con fama de exemplar que denunciara a un veciño nos tempos do Golpe de Estado e se queda coas súas propiedades deixándoo morrer na cadea. Non ten problema Cajaraville en mostrar o mellor e peor da condición humana e facelo cunha narración áxil, con diálogos engaiolantes... xogando a mostrar e suxerir.
Un bo relato para a mocidade.
luns, 7 de agosto de 2017
Oxalá estiveses aquí
Oxalá estiveses aquí, é un deses libros imprescindibles. Só o seu título, xa nos di moitas cousas, deixa un regusto de suxestións, de pensamento volátil que dá voltas arredor da vida... cantas veces lle dixemos iso a alguén, quen nolo dixo, onde deberiamos estar...
O seu ton, lémbranos os libros de Heine cando anda con tres amigos ás voltas ou os de Janosh cando xunta ao pequeno oso e pequeno tigre. Si, vai de amizade, pero non só diso. Vai da vida e dos seus retos, das dificultades e agasallos, de como debemos poñernos en marcha na busca das utopías -aínda cando vivamos no paraíso- ou botar unha man incluso a aqueles que potencialmente poderían ser inimigos. É unha obra e aprendizaxe, porque toca aprender... aprender que hai mundo máis alá da Gran Pradaira, que o camiño non remata ata facelo de todo, e aínda así... podemos continualo e repetir... e darlle unha volta máis.
Unha mensaxe chega polo río, váinola anunciando un novo son. Só poderemos sacala da botella cando colaboren todos os amigos. Unha vez lida xorde a dúbida: onde é "aquí" (ou é que "aquí" é sempre onde ti estás?"), quen a escribe, debemos ir a algún lado? Case teriamos desexado non recibir nunca ese tesouro que nos confunde, ata o momento no que Lebre se pon en marcha contra a opinión dos amigos. Vai río arriba cos agasallos que eles lle fixeron, na busca de aventuras... porque alguén escribiu "oxalá estiveses aquí".
Un libro que garda os recursos da narradora oral que é Charo Pita. E tamén as ensinanzas e a tenrura.
Unha fábula para non esquecer!
As ilustracións de Dani Padrón, estupendas; coas liñas mínimas pero coa unidade que achega o estilo propio.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)











