martes, 5 de decembro de 2017

VIII Xornadas de Bibliotecas escolares de Galicia

 
Un ano máis, as bibliotecas escolares de Galicia acaban de xuntar máis de mil profesores e profesoras a tarde o venres e todo o día do sábado 2 de decembre para formarse. Algo que di moito deste tipo de docentesque normalmente traballan máis horas ds que lle corresponden na biblioteca do seu centro, pero que ademais acuden a seguir informándose no seu tepo libre do fin de semana.
Unha boa maneira de comezar o mes!
Este ano, recollían o lema do cartel
"Aprender a pensar na biblioteca escolar" para centrar a temática no campo da filosofía. Unha materia que perde horario pero semella recuperar algo de presencia a través da biblioteca escolar. Un esforzo que ha de agradecerse porque as bibliotecas atentas ás necesidades máis urxentes, ilumina ese campo imprescindible da educación e a vida. Expertos de primeiro nivel e experiencias de calidade encheron eses dous días nos que ademais de permanecer nas salas de conferencias  o profesorado aproveita para contactar entre si e promover as microrredes que lles axudarán a levaa cabo as actividades e plans que poñen en marcha.
"As mellores da súa clase", como foron definidas hai uns meses, despois de analizar os esultados da estatística do Ministerio continúan na vangarda. Así que, só nos queda seguilas, para demostrar que hai campos nos que Galicia é unha potencia!! 

domingo, 3 de decembro de 2017

"Declaración de Barcelona" ou cando as feiras sirven para algo máis que vender revisar


O Grupo Iberoamericano de Editores que agrupa asociacións e cámaras do libro de España e países latinoamericanos asinou un acordo na Feira Internacional do Libro LIBER, co nome de "Declaración de Barcelona" e co obxectivo de fomentar a lectura e o libro.
Este documento presentarase á próxima Cumbre Iberoamericana de Xefes de Estado e de Goberno" co obxectivo de que os estados poñan en marcha un plan de acción para fortalecer a lectura e o libro. 
No horizonte o deseño e execución de plans permanentes de fomento da lectura con orzamentos serios.

venres, 1 de decembro de 2017

Marilar Aleixandre gana o premio Raíña Lupa

Marilar Aleixandre gana o premio Raíña Lupa, converténdose na primeira autora premiada.
O fillo do Minotauro foi seleccionada entre as 48 obras presentadas. 
O xurado destaca a calidade da novela que conta con varios niveis de lectura. Unha novela de aventuras que xira arredor dunha organización clandestina que tenta salvar as obras de arte que forman parte do patrimonio de Sicilia. Unha relectura moi actual dos mitos clásicos que sitúa a novela en dous momentos históricos dispares.
A expedición do Pacífico desta autora, acadara tamén por primeira vez para unha obra de litratura infantil o Premio da Crítica á creación literaria en galego.
Ademais, tamén declarou como finalista a obra Como bágoas de dragón da escritora Andrea Maceiras e recomenda a súa publicación.
Nas edicións anteriores gañaron o premio Raíña Lupa: Héctor Cajaraville, Xesús Fraga, Marcos Calveiro, Carlos López, Antonio Yáñez, Breogán Riveiro, Xosé A. Neira Cruz, Antonio Reigosa, Mario Pereira e Agustín Fernández Paz.

mércores, 29 de novembro de 2017

Finalistas da décimo cuarta edición do premio Frei Martín Sarmiento

Estes son os finalistas:
Educación Infantil
PREGO, LUIS; Xogos musicais; Edicións do Cumio
MOURE, ANXO; Caramulo e a carpinteira de soños; Bahía edicións

1ª categoría: 1º e 2º de Educación Primaria
FERRER, ÁNXELES; O sombreiro do mago; Ed. Xerais
SAMPAYO, ALEX E CAAMAÑO , BORJA F.; A nena que quería navegar; Redrum Teatro

2ª categoría: 3º e 4º de Educación Primaria
CORTIZAS, ANTÓN; Zoonetos; Ed. Tambre-Edelvives
VILLAR JANEIRO, HELENA; Contos do sol e da lúa; Ed. Alvarellos

3ª categoría: 5º e 6º de Educación Primaria
BABARRO, XOÁN; Hilario e os tres medos; Ed. Santillana
BAYORTI, ALEX; Tom, Hunck e o misterio da trabe de ouro; Urco editora

4ª categoría: 1º e 2º de ESO
CAROU FIGUEIRA, NATALIA; A cova da moura; Bahía edicións
DÍAZ VALADARES, FRANCISCO; Tras a sombra do bruxo; Ed. Rodeira-edebé

5ª categoría: 3º e 4º de ESO
PRADO, MIGUELANXO; Presas fáciles; El Patito editorial
TROUBS; A Alquitara; Ed. Figurandorecuerdos

6ª categoría: bacharelato e adultos
RIVEIRO COELLO, ANTÓN; A ferida do vento; Ed. Galaxia
FRAGA, ANTONIO M. ; A virxe das areas; Edicións Embora

xoves, 23 de novembro de 2017

O Pergamiño Vindel en Vigo


No Museo do Mar, como corresponde aos poemas de Martín Códax.
Unha historia para coñecer. Unha viaxe para reivindicar. Un home, Bragado, e unha páxina, Brétemas,  na que se nos conta esa odisea.
Así comeza:

"A data do 26 de setembro de 2017, na que procedente da Pierpont Morgan Library de Nova York chega a Vigo o “Pergamiño Vindel” quedará fixada na cronoloxía histórica desta cidade fundada hai séculos polo poeta Martín Códax. A nosa primeira alfaia bibliográfica, onde quedaron recollidas, dende finais do século XIII, as sete cantigas de amigo do trobeiro vigués, coa notación musical de seis delas, será exhibida no Museo do Mar de Alcabre durante os vindeiros seis meses no marco da exposición “Berce da nosa cultura”. Unha oportunidade única para que a cidadanía metropolitana coñeza in situ este documento literario excepcional, onde se identifica tanto o ADN da nosa lingua como a propia existencia da nosa cidade no territorio sagrado da ría de Vigo."
Unha Universidade (UVI), unha asociación (Asociación Cultural Pertenza de Vigo), un vigues que xestiona (Cipriano Jiménez Casas)... Agora só queda ir de visita.



luns, 20 de novembro de 2017

X Premio Compostela para álbums ilustrados

Xa van 10!
Esa complicidade ntre a editorial Kalandraka e  concello de Santiago xa ten dez fillos como xoias que se entregn en man á rapazada, cada ano.
Esta vez, o ganador é o libro A horta de Simón, escrito e ilustrado por Rocío Simón cunha técnica de etampación, moi elaborada e traballosa pe cuns resultados magníficos que lembran os gravados primitivos dalgúns pobos latinoamericanos. Unha horta que se converte nun "eloxio ao traballo colectivo, á convivencia en harmonía e en contacto coa natureza", tal como se recolle na presentación editorial."
Unha das marabillas do premio é que se publica a un tempo en sete linguas. Quen vai dicir de nós que non atendemos a diversidade ou que non estamos no mundo? Si, con todas as cores das diversas linguas porque polo menos, polo menos, sempre falamos dúas podendo pasar dunha a outra con toda naturalidade sempre que respecten a nosa que x o dicía Casares (non é coa miña): “A lingua dos galegos é o galego e eu, dende o meu oficio de escritor, estou a defender esa lingua con todas as miñas forzas e todos os meus coñecementos”.

mércores, 15 de novembro de 2017

Exposición "Pasa página" da Biblioteca Nacional de España, tamén en Santiago

 
A exposición "Pasa página. Una invitación a lectura" da BNE pasará por Santiago. 
A libraría NUMAX é unha das nove seleccionadas en todo o Estado para poder mostrala.
Unha boa noticia porque existan estas exposicións, porque se nos teña en conta para que pasen pola cidade. Nunca estorban as ofertas culturais e moito menos as que buscan levarnos ao libro.
Falando de libros, tamén hai que dar citar unha proposta de Xerais que fala de libros para ler ás escuras. Ás veces o teito dos cuartos infantís convértese nun universo onde os pais colocan as luminosas estrelas formando as galaxias que cada noite se prenden ao apagar a luz, pero agora, ademais, contaremos cun conto para ler ás escuras, cando a noite chega e estamos a piques de pechar as persianas dos ollos.   
Temos creadores, mediadores e comercio cultural que traballa a favor da lectura, pero algo fundamental nos falta para que todo isto traballe a favor da nosa cultura e lingua e traia os froitos que merecemos...