Marilar Aleixandre gana o premio Raíña Lupa, converténdose na primeira autora premiada.
O fillo do Minotauro foi seleccionada entre as 48 obras presentadas.
O xurado destaca a calidade da novela que conta con varios niveis de lectura. Unha novela de aventuras que xira arredor dunha organización clandestina que tenta salvar as obras de arte que forman parte do patrimonio de Sicilia. Unha relectura moi actual dos mitos clásicos que sitúa a novela en dous momentos históricos dispares.
A expedición do Pacífico desta autora, acadara tamén por primeira vez para unha obra de litratura infantil o Premio da Crítica á creación literaria en galego.
Ademais, tamén declarou como
finalista a obra Como bágoas de dragón da escritora Andrea Maceiras e recomenda a súa publicación.
Nas edicións anteriores gañaron o premio Raíña Lupa: Héctor Cajaraville,
Xesús Fraga, Marcos Calveiro, Carlos López, Antonio Yáñez, Breogán
Riveiro, Xosé A. Neira Cruz, Antonio Reigosa, Mario Pereira e Agustín
Fernández Paz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario