Recollemos esta nova para ir vendo cara a onde se dirixen as bibliotecas...
Nos seus espazos danse cita persoas que utilizan os ordenadores para buscar información en Internet e YouTube, xente que ve películas, constrúe videojuegos, edita imaxes e son co ordenador, encaderna libros, monta robots, toca instrumentos
musicais, debuxa con acuarelas... Hai usuarios de toda idade e condición
que van “traballar, xogar, curiosear e aprender”, como un señor que
axuda a arranxar paraugas no obradoiro de reparación HorKonpon,
un chaval xovencísimo chamado Lucas ao que apodan “o pequeno Spielberg”
polo seu innato talento audiovisual ou Laura San Juan, unha muller que
quere pintar xirasois. “É incríbel a gran cantidade de cousas que
poden suceder ao mesmo tempo en Ubik”, afirmou a responsable dun
equipo no que é clave o papel dos mediadores ou especialistas que
axudan aos usuarios a darlle saúda á súa creatividade.
No ano que leva funcionando, recibiu máis de 181.000 visitantes, o que supón unha media de 15.000 mensuais.
Despois da presentación que fxeron nas Xornadas de Biblioteas Escolares... temos pendente unha visita, ou non?
Despois da presentación que fxeron nas Xornadas de Biblioteas Escolares... temos pendente unha visita, ou non?
Ningún comentario:
Publicar un comentario