xoves, 23 de novembro de 2017

O Pergamiño Vindel en Vigo


No Museo do Mar, como corresponde aos poemas de Martín Códax.
Unha historia para coñecer. Unha viaxe para reivindicar. Un home, Bragado, e unha páxina, Brétemas,  na que se nos conta esa odisea.
Así comeza:

"A data do 26 de setembro de 2017, na que procedente da Pierpont Morgan Library de Nova York chega a Vigo o “Pergamiño Vindel” quedará fixada na cronoloxía histórica desta cidade fundada hai séculos polo poeta Martín Códax. A nosa primeira alfaia bibliográfica, onde quedaron recollidas, dende finais do século XIII, as sete cantigas de amigo do trobeiro vigués, coa notación musical de seis delas, será exhibida no Museo do Mar de Alcabre durante os vindeiros seis meses no marco da exposición “Berce da nosa cultura”. Unha oportunidade única para que a cidadanía metropolitana coñeza in situ este documento literario excepcional, onde se identifica tanto o ADN da nosa lingua como a propia existencia da nosa cidade no territorio sagrado da ría de Vigo."
Unha Universidade (UVI), unha asociación (Asociación Cultural Pertenza de Vigo), un vigues que xestiona (Cipriano Jiménez Casas)... Agora só queda ir de visita.



Ningún comentario:

Publicar un comentario