xoves, 9 de novembro de 2017

A LIX galega de noraboa


Ledicia Costas acaba de ganar o premio Lazarillo de creación literaria, por segunda vez. 
Hai un par de anos conseguírao con  Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta. Agora, trátase, de novo, dunha novela xuvenil que presentou baixo o título de Plumas e unicornios. O premio, elixido entre un total de 68 obras, foille concedidco ex aequo canda a obra No te muevas musaraña, de Rafael Salmerón.
Hai uns días, fora Antonio García Teijeiro quen acadou o Premio Naiconal de Literatura Infantil y Juvenil con Poemar o mar...
Que alguén me diga que a literatura infantil galega non está ao nivel das outras do seu entorno.
Que alguén me diga que non atopa boa literatura en galego e por iso debe ler noutras linguas.
Que alguén me diga que se non somos unha potencia en creación... a pesar da falta de apoios, a pesar de que cada ano se publica menos en galego, a pesar de todos os prexuízos que nos rodean e atafegan.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario