venres, 29 de xaneiro de 2021

Calendario do Libro e da Lectura. Libros para construír a paz

 

Ninguén coma min. Autobiografía dun tirano. de ignacio Chao e Eva Sánchez (Os delirios de grandeza dun ditador, a egolatría e o afán de perpetuación nunha metáfora -máis real do que parece- sobre os abusos do poder). Non STOP de Tomi Ungerer, traducido por Chema Heras (Mentres o caso se apodera de todo, unha sombra marca o camiño seguro. Unha obra para a reflexión porque non hai volta atrás na (re) contrución dun mundo mellor).Amani de Miguelanxo Prado publicado por Retranca editora (O nome do hipopótamo que significa pacífico en swahili tráenos a historia dun animal carente de agresividade, pacífico e bonachón; unha mensaxe de paz, convivencia e bo trato).A fuxida de Berta Dávila e Inma Doval e publicado por Biblos (O drama da guerra e os refuxiados) Tamén sobr e o drama dos refuxiados Unha longa viaxe de Daniel Hernández Chambers e Federico Delicado, traducida por X. Ballesteros. Fume de Antón Fortes e Joanna Concejo (a traxedia do fascismo). Cerráronseme os ollos de Patrick Bard e traducida por Fernando Moreiras (radicalismo islámico). Eu son A de Steve Tasane traducido por Carlos Acevedo (Os nenos non acompañados nun campo de refuxiados). Eu son Suleiman de Antonio Lozano González traducido por Carlos Azevedo (O drama da inmigración). Por que? de Nicolai Popov (A pregunta e a resposta sen necesidade de palabras), A historria do touro Ferdinando (alegoría pacifista e antibelicista), Dinosario Belisario, O nacemento do dragón, Bandada, Negros e blancos, O principio, A meiga dona Paz,... e tantos outros

 

Ver las imágenes de origenmain product photo


xoves, 28 de xaneiro de 2021

Premio Raíña Lupa do 2019

 

Antía e Daren. O misterio dos torques roubados acadou o Premio Raíña Lupa do 2019. Da autoría de Valentín Alvite e ilustrado por Miguel Porto, publicado na colección Sopa de Libros de Xerais.

Policías que se cren o ombigo do mundo, que pensan que son audaces pero que o seu traballo nunha pequena localidade non lles dá a oportunidade de lucirse.agora si, cando aparece a oportunidade aproveitana... daquela maneira. Dous rapaces que len novela de detectives e deciden botarse a investigar. E quen chega antes a resolver o caso? Xa o sabedes. De calquera maneira ides gozar lendo a historia porque ten visos de estilo e uns personaxes moi ben definidos ata producir a risa menos comprometida. Comeza a novela xogando cunha palabra en cada capítulo. Continúa co cabo primeiro elaborando conclusións con moita palabraría pero que caen polo seu propio peso e o cabo segundo repetindo paso por paso todo o que el, pero como se dixera algo novo... Así non se vai a ningún lado, así que calquera lles pode tomar a dianteira. De calquera maneira, igual nos chegaba a novela cunhas poucas páxinas menos, é cuestión de que opinen os lectores e lectoras; enténdese perfectamente que o autor se deleite cos esas situacións e personaxes porque percibimos que o pasa ben entre eles, levándoos ata o ridículo e seguramente sendo quen de ver o reflexo dalgunha persoa real na trama. En canto ás ilustracións hai unha magnífica magnífica onde se ven claramente as dotes de autor de cómic, aquela da piscina na que poemos ver tantas personalidade e tan ben debuxadas que recoñecemos os seus sentires e pareceres, o que están a pensar...