Oso,mamá, si? de María Lado, editado por
Edicións Xerais de Galicia.
Un
poemario cunha unidade moi definida. A experiencia da maternidade
cunha poesía sinxela e clara.
A relación
co bebé dende antes de nacer, no tempo do parto cando é necesario
debuxar ese sorriso no ventre, nos primeiros pasos e primeiras
palabras, no tempo compartido entre os afectos e as separacións. A
crueldade facéndose presente apurando a vida mostrándose a través
dos animais para que sexa máis doado asumila, porque semre foi así
nos contos infantís, porque os animais no imaxinario están para
iso... para contarnos os que doutra maneira sería demasiado
doloroso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario