Desde a convocatoria pasada, o premio Casgelao de Banda Deseñada conta cunha nova modalidade, pois ademais da de adultos aparece a dirixida a público infantil e xuvenil.
a) MODALIDADE XERAL. Obras dirixidas a todo tipo de lectores.
b) MODALIDADE LIX. Obras dirixidas especificamente ao público lector infantil e xuvenil.
Desde o mundo da LIXG e os seus mediadores agradecemos esta convocatoria que pon a súa mirada neste grupo de lectores que tanto gustan do cómic e necesitan produtos feitos pensando neles.
Aínda que o lectorado xuvenil se aproxima ás publicacións de adultos e as fai súas, o lector e lectora infantil está invisibilizados dentro da nosa lingua. Apenas un par de produtos dirixidos a eles (Marcopola...) con moi escasas publicacións desde sempre e máis desde que Golfiño ten desaparecido.
Agradecemos, polo tanto, esta convocatoria e agardamos que dea os seus froitos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario