luns, 7 de xuño de 2021

Álbumes

Akna. Os mariñeiros da terra de xeo de Peio López - Iturri e Irati Merino Petralanda, traducido por Sandra Terrón Varela e publicado por Galaxia. Unha nena inuit (igual que Nunavut, a nena da serie de Xerais) vive na gran illa branca e coida da contorna coma toda a súa civilización, eles son conscentes de que só así a vida é posible pero aparecen os barcos dos brancos que veén a pescar todas as baleas que poidan, ademais, tamén andan a pescar peixes no burato... só o oso branco os asusta e consegue que fuxan. Unha pequena baleíña de xoguete acompaña aos pequenos no día a día, non se pode perder, igual que o respecto á natureza, igual que as lendas que se contan no iglú e nas que sempre se castiga aos homes malos. Será que hai xustiza e o mundo poderá continuar existindo tal como eles o coñecen? Unha historia medio ambiental, doutra civilización e cunhas ilustracións interesantes, en dáus versións moi diferentes (asiluetadas e case fotográficas) 

Cores no mar de Jenni Erkintalo, traducido por Anun Pitkanen coa colaboración de Charo Baleirón, e publicado por Hércules edicións, na coilección Novas lecturas de Hércules. As cores preséntanse, fano en pareados, cada unha adoptando formas diferentes e relacionándose cun animal (cabaliño de mar, balea, lumbrigante, foca, cisne, estrela de mar, tartaruga, medusa, polbo, tiburón...), pero tamén van aparecendo as cores resultado da unión doutras dúas e así aflora o laranxa, o verde, o rosa, o violeta, o gris ou o marrón. Un mundo de cores e animais co moi pouquiños trazos e e en pequeno formato. 

As formiguiñas filandeiras ou cando os animais pequenos se unen para meterlles medo aos máis grandes e camiñan en rigleira e silandeiras.  De Victoria García, ilustrado por Laura Cortés e publicado por Hércules Edicións.



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario