A lebre, a lagarta, o cangrexo, a abella e o vento Nordeste son os amigos. Sete episodios, sete historias nas que saca a cabeza unha certa moralexa ou toque de atención, pois no primeiro, "A salvo", vemos o empeño dun deles en non querer saír cos amigos por medo ao que poda pasar, pero o que vai suceder é un accidente doméstico que a empuxará a aprender a aproveitar cada ocasión de saída aínda que sexa convaleciente; ou o segundo, no que a abella pide pan a berros pero non será escoitada ata que o faga baixiño e con educación... pero tamén leccións de vida ou xogo co absurdo como aquel no que andan a chamar polo silencio sin que este se presente ata que realmente calan, o valor do optimismo e do consenso para acordar que a botella medio chea ou medio baleira é a mesma ou aquel outro no que deciden escribir un libro (o máis marabillosos de todos, o que aínda non está escrito), ou cando o amigo está visitando aos convaleciente que di que se aburre. Os contos dunha narradora oral que traslada á escrita os seus recursos, que sempre funcionan moi ben na narrativa.
mércores, 9 de xuño de 2021
Libros para a infancia
Andar aos biosbardos de Charo Pita con ilustracións de Dani Padrón, publicado por Galaxia. O primeiro que teño que facer é felicitar á editora por manter a parella escritora - ilustrador que tan bo resultado dera anteriormente coa obra Oxalá estiveses aquí. Se ben este libro era unha moi boa noveliña na que se xogaba con sentimentos moi a flor de pel e aprendizaxes que só o camiño e a vida nos achegan, neste caso estamos ante un conxunto de contos que continúan a ter como personaxes os animais. Tal como en Os tres amigos ou en Pequeno oso pequeno tigre a autora móvese nun mundo animal e natural con sensibilidade, e coa amizade como cola que pega aventuras e relacións.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario