xoves, 17 de xuño de 2021

Narrativa con somnámbulos e secuestros

   
Somnámbulos  de Carlos Vila Seco con ilustracións de José Luis Ocaña publicado na colección Tucán de Rodeira. Da presentación editorial: "Daniel descobre que é somnámbulo o mesmo día que Marcos Portela, un neno con autismo da súa escola, desaparece nos Peares, unha aldea construída aos pés dunha enorme presa. A única esperanza de encontrar a Marcos reside nos estraños episodios de somnambulismo de Daniel, que lle ofrecen pistas para dar co seu paradoiro. Pero a peor tormenta en décadas complica a busca. O tempo acábase e unha catástrofe nunca vista ameaza todo o val".

A nai de Daniel é policía, o pai, un cociñeiro en paro; el, un rapaz moi sensible que está en crise despois da morte do avó. Todo isto o leva ao centro deste labirinto do que é preciso rescatar ao pequeno. No centro educativo os abusóns de sempre saben algo ao respecto, pero a irmá do neno desaparecido non vai parar ata atopar camiños polos que buscalo. 

Unha trama ben construída, un guionista que comezou na literatura xuvenil e á que volve cando lle é posible.

Ningún comentario:

Publicar un comentario