Un soldado romano fora curado de maneira misteriosa despois do ataque dun xabarín. Esta curación está relacionada cunha gata, Morriña: o espírito protector da aldea galega que resiste coa súa civilización. Os romanos rouban pedra e animal trasladandoas a Roma coma un tesouro, pero as cousas non saen como tiñan planeadas. Agora, cando se vai devolver o petróglifo, a un museo galego, dous mil anos despois, a pedra desaparece. A filla do director do museo ten un lugar secreto onde se agacha cando bota de menos a súa nai, alí atopa un petróglifo igual e un gato de tres colas que cura enfermidade. Estamos de volta no punto de partida, cun coleccionista delincuente, un empresario disposto a todo... A aventura está servida. "Unha novela de maxia, intriga e acción" que conta cun apartado final a modo de caderno de arte rupestre con diferentes contidos como datación, localización, temática, emprazamento, modo de vida dos habitantes daqueles tempos en relación aos petróglifos e algo semellante relacionándoo coa cultura castrexa.
luns, 14 de xuño de 2021
Novidades en narrativa
Maxia de pedra de Alba De Evan e Xabier Domínguez (unha licenciada en historia e un docente), ilustrado por Eli García e publicado na colección Sopa de Libros de Xerais. Unha historia que se desenvolve en dous tempos diferentes: na actualidade e hai 2000 anos, na época castrexa e de romanización.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario