Amosando publicacións coa etiqueta Marc Taeger. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Marc Taeger. Amosar todas as publicacións

luns, 23 de xuño de 2025

Poesía irreverente


Os nenos porcalláns de Nacho Rubio está ilustrado por Marc Taeger e publicado por Pepa a Loba editora na colección Estrofalaria. Así presentan esta editorial dende Un punto curioso: "Hai ben pouco descubrimos Pepa A Loba Editora, unha editorial independente de literatura ilustrada dende o corazón das Rías Baixas para o mundo enteiro. Fascinounos descubrir que detrás do selo comercial hai persoas que conectan con outras persoas para dar a coñecer as historias que publican e compartir os seus proxectos cun ton cercano, que tanto se agradece. Non en balde, ata o nome da editorial está escollido con mimo, xa que fai alusión á historia de Pepa a Loba, unha figura mítica de Galicia, unha lendaria bandoleira galega de finais do século XIX, que segundo a lenda conseguiu a súa fama asaltando camiños e roubando aos caciques e aos curas, actuando como unha Robin Hood feminina. Para eles, os editores, Pepa a Loba é esa figura imaxinaria que asalta nos camiños aos nenos e nenas para ofrecerlles lecturas que os acompañen para sempre no viaxe das súas vidas."

Así o definen:   

Un poemario irreverente
sobre as marranadas diarias
dun grupo de personaxes entrañables.  

Rimas, escatoloxía, grandes ilustracións no estilo propio do artista, pastas duras e gardas acaídasao gusto polo debuxo infantil... Trátase de ler textos e imaxes, de resistir a repulsión (se é que se produce) e divertirse con estes nenos que confesan os seus gustos segredos. Aoi longo do libro imos percorrendo as partes do corpo e as substancias que producen comezando polo proceso dalimpeza en "Desde que son pequerrecho", No cueiro de Agapito, As unllas de Fermín, As orellas de Orlando, O peido de Pedro, As lagañas de Laureana, A melena de Malena, As caries de Carina, A caspa de Gaspar, Os mocos de Macarena, As espiñas de Ermelinda, As felgmas de Filomena, Os zapatos de Gustavo, Os eructos de Érica, A nena das paellas, O ennodosxeados e A festa dos anos á que asisten todos os nenos porcalláns cos seus agasallos marráns.

Despois da Violeta Parapluie (e outra xente pouco corrente), un  poemario que lle dá a man, con porcalladas a esgalla.

mércores, 22 de maio de 2024

Un novo traballo de Paco Nogueiras

Son animal é o novo traballo de Paco Nogueiras, ilustrado por Marc Taeger e publicado por Kalandraka.

Así se presenta: "Dedicado aos animais máis próximos e aos seus sons convertidos en divertidísimas cancións para cantar e bailar a calquera idade.

O bruar da vaca, o miañar do gato, o ladrar do can, o cacarexar da galiña, o zunir do mosquito... Ecos do mundo animal que inspiran os doce temas deste traballo co que viaxamos polo mundo a través de diferentes estilos musicais: dende un aire portugués aos ritmos do leste de Europa, dende unha balada acústica a un animado rock and roll, dende unha fanfarra circense até unha melodía de influencias andinas.

As coloridas ilustracións de Marc Taeger permiten imaxinar esa granxa divertida e as páxinas finais do libro achegarán a lectores e lectoras adiviñas, refráns e ditos da nosa tradición oral que falan dos protagonistas deste traballo."

A modernidade e a tradición oral, todo a un tempo, todo acompañado co sombreiro azul de Paco Nogueiras, o músico que acompaña os días das crianzas.

Un issu para coñecer mellor a obra

venres, 26 de xaneiro de 2024

Kalandraka e as súas novidades: O elefante que perdeu o seu ollo, Sete monstros e un gato...

 
O elefante que perdeu o seu ollo de Boniface Ofogo ilustrado por Marc Taeger, traducido por Manuela Rodríguez publicado por Kalandraka. Así se presenta: "Unha viaxe ao corazón de África a través dunha fábula sobre a importancia da calma para afrontar as dificultades." Imaxinemos un elefante que pasa a vida xogando cun ollo, un día lánzao tan alto que desaparecu entre as nubes, búscao por todas partes e como non o atopa pregúntalle aos animais (sapo, crocodilo, tartaruga, chimpancé, xirafa, elefante...) ata que aparece unha nena á que lle gusta velo xogar e o tranquiliza, daquela, a auga do río que da tranquila e transparente... e xa imaxinas o que pasou. E da historia sacan unha moralexa: ante os problemas o mellor é non perder os nervios, así verase máis doadamente a solución.

Sete monstros e un gato de Rafa Ordóñez e Christian Inaraja, traducido por Xosé Ballesteros na colección Demademora de Kalandraka. Así se presenta:"Os protagonistas deste conto van marchando aos poucos: rimas divertidas que nunca acaban, nada de medo, risa asegurada!" Sete monstros pasean cun gato, cada un deles quere darnos un susto pero acaban eles asustados, un a un, e cada vez quedan menos: á pantasma o vento ráchalle a sábana, o vampiro é atacado polosol, o zombi cae e descontrola o corpo, a bruxa atemorízase cando ve o seu propio reflexo, a momia perde as vendas, o lobishome non atura o ruído e a Franki espántase ante un verme; queda só o gato que decide volver á casa e ler un bonito conto de pareados que non é outro que o que temos nós nas mans. Magníficas ilustracións, sinxelas, sobre fondo branco, que lle entregan todo o protagonismo á historia.