Sete monstros e un gato de Rafa Ordóñez e Christian Inaraja, traducido por Xosé Ballesteros na colección Demademora de Kalandraka. Así se presenta:"Os protagonistas deste conto van marchando aos poucos: rimas divertidas que nunca acaban, nada de medo, risa asegurada!" Sete monstros pasean cun gato, cada un deles quere darnos un susto pero acaban eles asustados, un a un, e cada vez quedan menos: á pantasma o vento ráchalle a sábana, o vampiro é atacado polosol, o zombi cae e descontrola o corpo, a bruxa atemorízase cando ve o seu propio reflexo, a momia perde as vendas, o lobishome non atura o ruído e a Franki espántase ante un verme; queda só o gato que decide volver á casa e ler un bonito conto de pareados que non é outro que o que temos nós nas mans. Magníficas ilustracións, sinxelas, sobre fondo branco, que lle entregan todo o protagonismo á historia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario