venres, 5 de xaneiro de 2024

Os minilibros de Kalandraka

 

Os minilibros de Kalandraka son un conxunto de sete libriños que veñen nunha caixa. Títulos realmente imperdibles que se distribúen da seguinte maneira:

A primeira caixa contén os seguintes títulos: O coelliño branco, A galiña roxa, Chibos chibóns, A casa da mosca chosca, A ratiña presumida, Garavanciño e O poliño da abeleira.

A segunda: Orellas de bolboreta, A cebra Camila, Os ratos da casa, Gato Guille e os monstros, Un agasallo diferente, Xaime e as landras e Os de arriba e os de abaixo

A terceira caixa ten: A árbore da escola, O fío, Amelia quere un can, Os tres porquiños, Paco, O patiño feo e Once damas atrevidas. 

A cuarta: Animais de compañía, Cera, O pirata Pata de Lata, A escada vermella, Os tres osos, Ser amigos e Tomás, o bromista.  

A quinta:  Distinta, A merliña, Ratos de viaxe, A araña e máis eu, A familia C, Avós e O principio

A sexta:  O conto do outro día, Amora, Atrapamiradas, Chófer de sandías, Paxaros, Ratos na escola e Unha pantasma con asma. 

A número sete:  Chuvisca, A viaxe de Mamá, Soños á beiramar, O osiño Chispa, Tartaruga vs. Lebre. O desquite, Sete monstros e un gato e Moncho e a mancha. 

Sete caixas e sete libros en cada unha delas. Un número máxico para obxectos de culto porque, para que serven uns libriños tan pequenos cando podemos acceder aos magníficos álbums de bo tamaño e pastas duras? Pois, para levalos no peto coma un segredo ou coma un tesouro, para que vaian connosco a onde sexa que nos movamos e podamos lelos de novo case ás agachadas ou podamos compartilos con quen atopemos no camiño. Imaxinades sacar o conto e compartir a contada ou a lectura? Imaxinades ir onde o irmán pequeno e dicirlle: "Cando eu era coma ti tiña un conto que me gustaba moito. Mírao" e como se fose un truco de maxia aparece o contiño e podedes compartilo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario