Seguimos con Merlín cómics e as novas entregas de Formig4s.
A entrega número 7 de Formig4s leva o título de Misión Entroido. Da man de Pere Tobaruela e Andrés Meixide, unha publicación chea de vitalidade e dinamismo na que se xoga co deseño e as tipografías para facer máis ameno e divertido o libro.
Así se presenta: "FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes das FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. En «Misión Entroido» as FORMIG4S enfróntanse ao doutor Paumao durante estas populares festas. Que tramará o malévolo científico? A brigada especial será capaz de poñer freo aos seus plans? Entroido, tempo de diversión e de aventuras da man das FORMIG4S entre máscaras e disfraces por Galicia adiante."E, con eles, aprendemos as máscaras do entroido galego.
Os vagalumes de Marí de Alba Míguez e Damián Gómez forma parte da colección Merlín cómics destinada á infancia para cubrir ese baleiro que ata hai pouco tempo se facía inmenso. Na actualidade, están aparecendo series (Marcopola, Lendas do recreo, Animalia...) e bandas deseñadas dunha soa entrega (O caderno de rama, Nerea. A invasión dos trastos...)
Sinopse: "Marí é unha nena de dez anos que vive feliz ata que o seu pai ten que embarcar por motivos de traballo. Cando o barco está a piques de regresar, o faro da vila estrágase. Marí nunca imaxinaría que o conto que lle contaba o pai sobre monstros e vagalumes poida ter algo que ver coa posibilidade de que o faro volva iluminarse antes de que o seu pai chegue a porto."
Ningún comentario:
Publicar un comentario