luns, 20 de marzo de 2017

Libros e películas

Un monstro vén a verme de Pactrick Ness, a partir dunha idea orixinal de Siobhan Dowd é un libro que nos atrapa,  máis se temos en conta que a película baseada nel acaba de conseguir o Goya a mellor dirección, mellor música orixinal, mellor dirección de produción, mellor montaxe, mellor son, mellores efectos especiais, mellor maquillaxe e perruquería, mellor dirección artistica e mellor dirección de fotografía; resúltano a película máis premiada.
O libro, publicado por Factoría K de Kalandraka, con tradución de Xesús Fraga, chega no mellor momento para que o lean aqueles que aínda non accederan a el. Comenta o autor, que este ía ser o quinto libro de Siobhn Dowd, pero a morte adiantouse; xa tiña definidos os personaxes, o argumento e un comezo... pero Ness non quería imitar a súa voz, por iso deixou que esa boa idea fixera agromar outra para escribir un libro que lle tivera gustado ler a Dowd.
En terceira persa pero centrado no rapaz que protagoniza a historia, vaise contando como se suceden os días e as noites nas que o monstro vén a velo, a partir do tempo no que súa nai se pon enferma A pesar do optimismo e esperanza que trata de conservar, vese que vai caendo por un pozo do que vai ser imposible saír. O rapaz ve o gran teixo que acompaña a igrexa no alto do outeiro  e soña cada noite... ata que o teixo o obriga a dicirse a verdade, aquela que tenta tapar todo o tempo.
Unha novela triste, con bágoas incluídas... pero así é a vida e a morte.      

domingo, 19 de marzo de 2017

Salón do Libro de Ponteveda





Este ano, o Salón do Libro de Pontevedra ten como lema "O mundo que queremos", si, esa utopía que levamos todos e todas aí na cabeciña.Así se nos presenta:
"O lema, lonxe de ser unha utopía, pretende aunar aportacións reais, tanxibles e factibles para construir ese mundo mellor. Queremos englobar temas como o coidado do medio ambiente, a saúde, a integración e a igualdade, cuestións como accesibilidade e a mobilidade, o respecto, a inmigración ou a vellez, a solidariedade, a investigación en todos os seus ámbitos, etc.
Tendemos a idealizar as accións para conseguir o mundo que queremos sen plantexarnos que ese cambio empeza en nós, individual e colectivamente, na nosa actitude, no xeito de tratar aos demais e ao noso entorno, de investir esforzos en buscar solucións aos problemas ou á realidade, aportando o mellor de nós mesmos e dos nosos coñecementos, na medida que formamos parte da sociedade na que vivimos.
Todas esas accións que podemos levar a cabo a diario, son as que busca "O mundo que queremos".
Falarase de valores e de contidos trasversais, de diversidade, do "outro" situado máis alá ou máis acá das fronteiras, de como ir construíndo a utopía no día a día.   
Do 10 de marzoao 8 de abril co seguinte programa.

sábado, 18 de marzo de 2017

Bienal de Ilustración de Bratislava


En Bratislava vaise celebrar a Bienal de Ilustración.
A OEPLI, selecciona a 15 ilustradores/as con 24  libros de recente publicación, para esta feira.
BIBIANA é a exposición internacional de ilustracións de libros para a infancia e a xuventude, organizada polo Ministerio de Cultura da República Eslovaca, a Comisión Eslovaca da UNESCO e a Casa Internacional da Arte para Nenos, que se celebra durante os meses de setembre e outubro.
Ademáis da mostra de orixinales, realízase un simposio internacional de especialistas en ilustración de libros para nenos/as e mozos/as. No marco da Bienal, un xurado internacional concede os seguintes Premios ás mellores obras: un Grand Prix cun valor de 3000 $, cinco Mazáns de Ouro de 1500 $ e cinco Placas cun valor de 100 $ cada unha. 

venres, 17 de marzo de 2017

Dúas ilustradoras seleccionadas para a Bienal de Ilustración de Bratislava


Minia Regos e Marina Seoane, forman parte dos quince ilustradores seleccionados para a Bienal de Ilustración de Bratislava.
Gústanos lembrar que estas dúas mulleres son autoras de carteis de bibliotecas escolares.

mércores, 8 de marzo de 2017

As que se van indo: Palmira Boullosa

 

Brétemas é algo así como a testemuña do noso tempo. 
Hai uns días, Bragado facíase eco do pasamento de Palmira G. Boullosa
E lembraba, entre outras cousas, que era das pioneiras da literatura infantil e xuvenil galega con novelas de fantasía na tradición artúrica (A princesa Lúa e o enigma de Kián - premio Merlín na segunda edición- ou Brandón, fillo de Ferreol, publicados por Xerais na colección Merlín) ou como folclorista  con Adiviñas, Mentiras, Arrolos e ¿Quen panda?, publicados por Galaxia na súa colección Tartaruga e Cando o rei por aquí pasou, unha antoloxía do folclore galego, publicada por Xerais.
Bragado tamén nos lembra a súa faceta de poeta, ganadora do premio Premio Eusebio Lorenzo Baleirón por Asoladamente, o teu nome e a de docente comprometida renovación pedagóxica.
Unhas desas mulleres que puxeron cimentos na casa comunal e marchou silenciosa, sen facer ruído, sen agardar polo agradecemento. 

Lugares especiais para realizar reunións dos clubs de lectura

Recollido de El Progreso:
O club de lectura do IES de Quiroga realiza unha das súas reunións nun lugar especial.
Trátase dunha construción que invita á conversa e á reflexión, un lugar construído por alguén para o disfrute de todos, unha obra de land art na que entrar e estar... refuxio e cobixo...
Nestes tempos de mirarse o ombligo, de desconfiar e todo o que non sexa estritamente privado e emprendedor, alguén traballa para mellorar o seu mundo e, de paso, o de todos.
A casa de ler.
A cova da lectura.
A sala de falar...

martes, 7 de marzo de 2017

Palabras de Fina Casalderrey

En Cuatrogatos, podemos atopar unha estupenda conferencia artigo titulada "Contar, imaxinar, crear mundos" de Fina Casalderrey que, entre outras cousas, di:
Souben...
que habemos de ter coidado coa xenofobia, o racismo, o consumismo...
dicir non á violencia.
As mensaxes non deben ser panfletarios, pois se son moi evidentes convértense en imposicións (é dicir, fuxir do didactismo ou a moralina).
Aprendín que hei de fuxir das historias ñoñas. Sinxelas, pero non simplonas.
Que a literatura infantil e xuvenil non ha de matar curiosidades, senón espertalas.
Que na linguaxe dos nenos pódense expresar os pensamentos máis profundos.
Que os nenos e nenas son seres pensantes, non monicreques manipulables a noso antollo e, como tales, debemos desmitificar a bondade infantil, non son tan bos nin tan inocentes sempre.
E ademais souben que:
a nosa obrigación é dar luz ás súas zonas de penumbra.
Habemos de axudar a crear lectores...
A literatura infantil e xuvenil ha de ser unha resposta ás necesidades íntimas do neno.
Ha de ter matices lúdicos... e moitas cousas máis, que diría un neno.