Sobre lectura e escritura, esas dúas caras da mesma moeda, el expón a teoría do preso. Explícao así:
"Hai un preso que tras escavar durante semanas un túnel chega misteriosamente á cela da que saíu, na que agora hai dous furados, un de
entrada e outro de saída, apenas separados por dous metros. A lectura é o túnel polo que saes e a escritura o túnel polo que entras, de volta".
Faino, na súa columna de opinión de El País.
domingo, 23 de xullo de 2017
luns, 17 de xullo de 2017
Opinións a ter en conta. María Teresa Andruetto.
-Porque
uns nenos foron, nese aspecto, máis privilexiados que
outros, xa sexa porque se criaron en contextos con maior acceso aos
libros, con modelos lectores a man, con posibilidades de mercar libros ou de asistir a bibliotecas, ou con todo iso xunto. Se iso ou parte
diso está, cegase á escola xa cun certo bagaxe lector. Se iso non está, a construción lectora depende só da escola. Un
libro é quen de mover unha conciencia, nunca é un simple libro senón un libro potente, poderoso. Iso por una parte. Pola outra, volverse
lector é un camiño no que un potencial lector se encontra con outros
que xa son lectores, xeralmente con adultos que tenden unha mano ou s dúas mans, e ofrecen libros, bos libros, libros oportunos para os momentos que ese mozo ou moza está vivindo. É parte da
educación pública dun país. Daquela non penso en
activadores nin fomentadores, senón que penso en mestres lectores
capaces de crear condicións para que un rapaz ou unha raza se converta
tamén el en lector.
domingo, 16 de xullo de 2017
Opinións a ter en conta: Marina Colasanti fala da lectura
A lectura promóvese por contaminación amorosa, que radica no contaxio do amor polos libros dos adultos aos máis pequenos. A lectura é un agasallo, o retrato da vida multiplicado ao infinito. Cada libro é un espello da vida e desa maneira multiplícanse as visións porque son as miradas de distintos ollos, de distintos países, de distintas
culturas… Alguén que ama a lectura, que cre na lectura e se enriqueceu con ela, transmítea ao outro. Tamén di, que os namorados da lectura inventan proxectos, programas que para levar cabo han de sacar os cartos da boca das serpes (que imaxe tan evidente) porque a lectura é a ferramenta principal para o desenvolvemento dun país.
Remata Colasanti recomendando aos pais que cando non teñan historias que lerlles, lles conten historias reais porque a realidade e o mesmo que está nos libros pero escrito doutra maneira. "Se non ten libros, cóntelle historias porque as historias van a conducir ao seu fillo ata os libros".
sábado, 15 de xullo de 2017
Paula Carballeira e as mascotas
Un dos seus libros de poesía, o último leva este título, Nunca mascotas, para criticar de forma poética ese empeño humano de antropocentrismo.
Nunca mascotas nin animais de compañía, porque igual somos nós os que verdadeiramente lles facemos compañía a eses animais que viven connosco, porque eles teñen a súa vida... e non hai razón para personificalos, pero si e moitas, para respectalos.
Comeza...
"Podedes chamarnos animais,
nunca mascotas.
Faremos compañía
se nos peta.
A maior parte do tempo preferimos estar lonxe
de vós,
por se acaso.
Desconfiamos,
non por maldade,
por experiencia.
A soidade é a mellor conselleira.
(...)"
Para pensar, para reflexionar nese tempo no que os animais quedan abandonados antes ou despois das vacacións, para ser responsables con todos eses que nos acompañan neste planeta.
venres, 14 de xullo de 2017
Revista infantil en galego
Revista infantil, O Papagaio, en galego.
Tan necesaria. Tan a man... que non teño dúbidas en publicitala. Porque é a única.
Entrade na páxina e mirade o números publicados. Da man de Abraham Carreiro e da editorial Moito Conto.
Vai o anuncio:
Tan necesaria. Tan a man... que non teño dúbidas en publicitala. Porque é a única.
Entrade na páxina e mirade o números publicados. Da man de Abraham Carreiro e da editorial Moito Conto.
Vai o anuncio:
martes, 11 de xullo de 2017
venres, 7 de xullo de 2017
De árbores e escolas
A árbore da escola é un álbum ilustrado, escrito por Antonio Sandoval e ilustrado por Emilio Urberuaga.
Hai que coidar o medio, o ambiente e o cultural. Hai que coidar a lingua de noso, hai que coidar da natureza. Non se debe defender o patrimonio da colonia desde a metrópole pero tampouco se pode falar de conservar como quen escolle no xogo da roda: ti si, ti non.
E despois desta reflexión imprescindible, desde o meu punto de vista, o comentario a este libro que nos gusta e defendemos.
Moitas veces atopamos escolas nas que o cemento o cubre todo... houbo un tempo (e non hai tanto diso) no que alguén falaba de asaltar a alameda de Compostela para que a xente non manchara os zapatos ao camiñar. Un cemento que volve gris o mundo e no que o único vivo somos os humanos convertidos en profesorado e alumnado. Igual que aqueles que collían o cal das paredes en tempos nos que se necesitaba incluso ese alimento, hai lugares nos que dan ganas de ir mirar e tocar as plantas que se empeñan en nacer e resistir nas xuntas da masa deste país no que a humidade fai medrar bosques verticais.
Só hai unha árbore no patio da escola, é pequeniña, e prohiben tocala para non mancala. Menos mal que un neno se empeña en mirala, falarlle, regala, abrazala... e a árbore responde medrando, botando novas follas e pólas ata facerse enorme e converterse nun fenómeno digno de estudio. A rapazada tomará a árbore ata colgar dela unha randeeira ou facer nela unha biblioteca. A cambio, a árbore dá unha semente e esta enviada a outro centro dará lugar a unha nova historia na que unha nena obviará a valla que a rodea e prestaralle atención para que medre... e continúa a historia e a natureza. E a lingua de noso.
As ilustracións no estilo propio do ilustrador, dicindo o máximo co mínimo de recursos, expresándoo todo e engadindo datos o texto, datos fundamentais, porque os animais tamén acompañan a vida, incluso na escola.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)










