A colección de Libros para Xente Nova relacionados con Diversidade Funcional do IBBY conta cun novo libro galego na lista do 2021. Trátase de Iridium de Francisco Castro, que vai acompañar a Recinto gris de Ledicia Costa nesa entrou nesta prestixiosa lista en 2015.
Dende Galicia, dende GALIX, (aproveitando que outras seccions da OEPLI non remitían propostas), enviáronse o máximo que se nos permitía, seis (que cubrían as nosas e doutras linguas). Todos eses libros e iniciativas merecían ter sido acollidas, pensade por exemplo O veleiro verde de María Fumaça por citar unha delas, unha iniciativa que vai máis alá dun único libro, pero non tivemos sorte e teremos que seguir insistindo nos próximos anos.luns, 14 de decembro de 2020
xoves, 10 de decembro de 2020
Unha autora de LIX nos premios da Cultura Galega
Ledicia Costas é a escritora escollida para o Premio da Cultura Galega das Letras. Unha escritora de literatura infantil e xuvenil (por aí comezou e a maioría da súa obra pertence a este xénero), por iso a ledicia é maior.
A autora multipremiada
- Unha estrela no vento, Edicións Xerais, 1999
- Xardín de inverno, Editorial Everest, 2012
- O corazón de Xúpiter, Edicións Xerais, 2012
- Heart of Jupiter, Small Stations Press, 2016
- Recinto Gris, Edicións Xerais, 2014
- Escarlatina, a cociñeira defunta, Edicións Xerais, 2014
- Escarlatina, la cocinera cadáver, Anaya, 2015
- Escarlatina, la cuinera difunta, Ed. Barcanova, 2016
- Inmundicia e Roñoso¸ Editorial Tambre-Edelvives, 2015
- Un animal chamado néboa, Edicións Xerais, 2015
- Esmeraldina, a pequena defunta, Edicións Xerais, 2016
- Esmeraldina, la pequeña fantasma, Anaya, 2016
- As peripecias de Extravaganzza Pérez, Concello de Pontevedra, Salón do Libro Infantil e Xuvenil 2016
- Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, Edicións Xerais, 2016
- Verne y la vida secreta de las mujeres planta, Anaya, 2016
- Jules Verne i el secret de les dones planta, Barcanova, 2016
- Maragdina, la petita fantasma, Barcanova 2016
- As peripecias de Extravaganzza Pérez, Edicións Xerais
- A señorita Bubble, Edicións Xerais
- Os arquivos secretos de Escarlatina, Edicións Xerais
- Los archivos secretos de Escarlatina, Editorial Anaya
- Els arxius secrets de l’Escarlatina, Editorial Barcanova
- La señorita Bubble, Editorial Anaya
- La senyoreta Bubble, Editorial Barcanova
- El corazón de Júpiter, Editorial Anaya
- La vita segreta delle Donne Fiore, Mondadori
- A balada dos unicornios, Edicións Xerais
- La balada de los unicornios, Editorial Anaya
- La balada dels unicorns, Editorial Barcanova
- Las peripecias de Extravaganzza Pérez, Editorial Anaya
- Infamia, Edicións Xerais
- Conexión Macarrón
- Vampira de biblioteca
- A señorita Buble baixo cero
- Os Minimortos. Benvidos ao Outro Barrio
- Os Minimortos. Criando malvas
A nosa LIX acadou altas cotas de calidade e popularidade, ben merecen os nosos autores e autoras recoñecemento. Ben merece a rapazada que a tomen en serio tanto á hora de escibir como á de seleccionar o mellor para eles e elas. Ben merecen unha formaicón que lles axude a escoller obras de calidade e non o máis comercial que o mercado lles empeña en vender.
Estamos de noraboa!
martes, 8 de decembro de 2020
Paco Martín, en estado natural
Ás veces, chegan a nós uns libros que semella que van sós. Lense de corrido e seguramente ao seu autor tamén lle saíron así: nun arranque de insiración e bo facer. O home que mercou un libro de Paco Martín pertence a este grupo. Nel, volve o autor a esa retranca doce na que critica e dá ás.
O que tal lle pode pasar a un mozo, unha mañá na que entra nunha libraría tratando de que non o vexo o seu entrenador físico; por sentirse culpable e non querer que o outro vexa que non adelgazou aínda, acabará coa compra dun libro de poesía. A libreira é boa, amable e disposta a axudarlle. Sae co libro na man e a partir dese momento a vida vai cambiando, porque os libros teñen esa maxia, incluso antes de lelos. Unha sociedade provinciana, onde moitos se coñecen e aínda que non sexa así se comunican de maneira natural, as suposicións que van aparecendo cando o ven co libro e todo o que ese libro vai a provoca. A maxia desátase na cafetería cando alguén recita a Pimentel e o libro pasa de man en man facilitando a lectura en voz alta de varios poemas. Hai unha moza que toca na rúa para ensaiar que se sentirá atraída por ese mozo que leva un libro de poesía na man... Todo funciiona como un reloxo cando levar un poemario e os demais llo ven. A que agardan os lectores e as lectoras para saír á rua con ese libro ou con este. Porque este constitúe unha marabillosa maneria de fomentar a lectura mentres se che debuxa o sorriso e pensas que Lamote volveu a camiñar as rúas de Lugo para animar á poboación a mercar libros.
Cheo dun humor case lírico e convidando a ler, a seguir lendo!
domingo, 6 de decembro de 2020
Novos títulos de álbum
Comezaremos con Pequenos da casa e Pequenos salvaxes, seguiremos con Froitas e Animais para continuar con Elmer e o osiño perdido e O pequeno indio. Libros para os máis pequenos, para que medren con eles e non se separen, que se prendan desa silva!
Froitas, de Antonio Rubio e Óscar Villán, na colección Do berce á lúa.
"Lendo e
recitando melodicamente encheremos o froiteiro con saborosas e
nutritivas froitas: a mazá que dá a maceira, a laranxa da laranxeira...
un poema canción, refrescante e colorido, para alimentar corpo e mente" e poderemos lembrar (aínda que para lectores algo maiores, Macedonia de versos.
Animais, dos mesmos autores e colección, onde se nos di "A amizade e o
xogo reúnen os simpáticos protagonistas destes pictogramas poéticos: a
tartaruga, o elefante, o caracol... e moitos máis animais invítannos a
desfrutar da rima e da melodía."
O pequeno indio de Ricardo Alcántara e Gusti. Porque segundo se di na presentación editorial "Ninguén
como o pequeno Brais rastrexa, corre e domina mellor o arco e as
frechas. Só a voz atronadora de mamá é capaz de borrar dun plumazo as
aventuras no lonxano Oeste. Imaxinación, xogo e humor asegurados."
Elmer e o osiño perdido de David McKee, traducido por Xosé Manuel González. "Nin o león,
nin o tigre, nin os demais animais saben do paradoiro dun boneco
perdido. Mais Elmer artella unha cadea de solidariedade entre todos os
habitantes da selva para que o bebé elefante deixe de estar triste."
Pequenos de casa e Pequenos salvaxes Os animais domésticos e os animais da selva e o bosque son os protagonistas destes libros de tea co obxectivo de estimular os sentidos, iniciarse na lectura de imaxes, xogar coa rima. Da autoría de Jonathan Miller e traducidos por Xosé Ballesteros, os libros en tea para as primeiras idades. venres, 4 de decembro de 2020
Novidades doutra editorial


Cando comezamos co primeiro título xa adiviñamos cal é esa editorial
Hércules e o xigante. Unha torre de lenda. Se seguimos a presentación editorial...
"O encontro entre un heroe mitolóxico e un xigante colosal só podía dar como resultado o nacemento dunha torre de lenda…
Deixa voar a túa imaxinación e descubre unha historia da Torre de Hércules que nunca che contaran".
Hércules é un personaxe mitolóxico moi querido da rapazada, acostamada a velo loitas contras os máximos perigos, un xogante é un digno rival e a torre faro ou ollo de deus, como se lle ten chamado é un deses edificios emblemáticos, así non será difícil caer no feitizo. O autor: Enrique López
Hércules é un personaxe mitolóxico moi querido da rapazada, acostamada a velo loitas contras os máximos perigos, un xogante é un digno rival e a torre faro ou ollo de deus, como se lle ten chamado é un deses edificios emblemáticos, así non será difícil caer no feitizo. O autor: Enrique López
Ring, ring...! Quen rima? de Ana María Fernández e Enrique López. 46 poemas da poeta multipremiada ilustrados por un arquitecto que tamén escribe pensando no seu fillo. Rimando "Pola terra e pola serra, pola rúa e pola lúa, pola herba e pola néboa, con sombreiro e chuvasqueiro, con miñocas e con focas, con estrelas e con velas". Poucas escritoras ten un dominio lingüístico como esta autora para xogar coa lingua de todas e cada unha das maneiras.
O mundo en que vivín é a novela de Ilse Losa, traducida do portugués polo profesor Anxo Tarrío. Unha historia que nos lembrará a de Ana Frank, porque volve a ser a dunha rapaza xudea en Alemaña coincidindo coa chegada dos nazis. Tempos moi duros que sempre nos fan pensar nas rapazas palestinas de hoxe. Como é posible que alguén que recibiu tantador sexa quen se provocala despois? E contestaranos calquera psiquiatra que ben sabido é que os nenos maltratados converteranse en adultos maltratadores, e os pobos... tampouco terán remedio?
O año que é un porquiño de
Pim Lammers e
Milja Praagman Da presentación editorial: "Ideal para falar con nenos e nenas pequenos sobre xénero e
identidade. As ovellas pastan no prado cos seus bonitos xerseis brancos. Os
porcos están na poza e pasan o día envorcállandose na lama. Ata que
de súpeto un año métese na lama. Ás ovellas e aos porcos parécelles
moi estraño. —É que son un porquiño —di o año. Pero isto é de
tolos! Ou non?"
Da presentación editorial: "As cousas van mal na granxa: o granxeiro vai por ovos onda os porcos,
quere rapar a vaca, intenta muxir a galiña. Os animais andan
preocupados. Que lle pasa ao granxeiro? Unha emotiva historia que nos
fala de cando perdemos a cabeza e o corazón, e do apoio que brindan os
bos amigos."

mércores, 2 de decembro de 2020
Cómic de ciencias
Así nolo presentan: "Cando falamos de microalgas e cianobacterias, estamos a nos referir a un grupo de máis de 30.000 taxóns (especies de organismos emparentados), dos cales tan só unhas poucas decenas de especies se estudaron con detalle. A súa presenza no planeta é practicamente ubicua, e entre estas especies están algunhas das máis antigas do noso mundo." É difícil tratar esta temática así, falando, por iso deciden inventar unhas historias nas que se podan observar as capacidades destes organismos para pelexar coa contaminación. Un grupo formado pola independente Spirulina, a pequena Nannochloropsis, o enorme Scenedesmus e o mozo Diatomea loitarán co Dinoprisis Acuta, o Alexandrium Catenella e o Pseudonitschia Australis e venceranos a pesar da falta de planificación e organización, porque a valentía sempre é un punto.
"Este cómic xorde no marco do proxecto Enhance Microalgae (EMA) co ánimo de dar a coñecer es "mundo oculto"
domingo, 29 de novembro de 2020
O bichos bola
Ola! Son un bicho bóla!
Un álbum ilustrado de Elvira Ribeiro, con ilustracións de Noé González, publicado por Apiario.
Da páxina de editora recóllese:
Por que ler?
Un álbum ilustrado de Elvira Ribeiro, con ilustracións de Noé González, publicado por Apiario.
Da páxina de editora recóllese:
Por que ler?
- Porque Elvira Ribeiro e Noe Caamaño conseguen total complicidade entre texto e ilustración.
- Porque os bichos bóla non teñen comezo nin fin.
- Porque a diversión neste caso vai da man da unión e do colectivo.
-Porque nestas páxinas a comunidade constrúese dende a diversidade.
- Porque os bichos bóla non teñen comezo nin fin.
- Porque a diversión neste caso vai da man da unión e do colectivo.
-Porque nestas páxinas a comunidade constrúese dende a diversidade.
Todo iso é certo, sen dúbida. Porque eu non sabía que había tantos bichos bóla, tantos que se podían converter nunha bola cando corren perigo, tantos e tan diferentes. Ese bermiño negro do que non sabemos o nome, o ourizo cacho, o armadillo, o pangolín, o raposo... e todos dispostos a formar unha asociación Bichos Bóla Around World.
Un álbum construído con boa poesía, coa súa musicalidade e cunhas imaxes axeitadas.
Un álbum construído con boa poesía, coa súa musicalidade e cunhas imaxes axeitadas.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)








