Comezaremos con Pequenos da casa e Pequenos salvaxes, seguiremos con Froitas e Animais para continuar con Elmer e o osiño perdido e O pequeno indio. Libros para os máis pequenos, para que medren con eles e non se separen, que se prendan desa silva!
Froitas, de Antonio Rubio e Óscar Villán, na colección Do berce á lúa.
"Lendo e
recitando melodicamente encheremos o froiteiro con saborosas e
nutritivas froitas: a mazá que dá a maceira, a laranxa da laranxeira...
un poema canción, refrescante e colorido, para alimentar corpo e mente" e poderemos lembrar (aínda que para lectores algo maiores, Macedonia de versos.
Animais, dos mesmos autores e colección, onde se nos di "A amizade e o
xogo reúnen os simpáticos protagonistas destes pictogramas poéticos: a
tartaruga, o elefante, o caracol... e moitos máis animais invítannos a
desfrutar da rima e da melodía."
O pequeno indio de Ricardo Alcántara e Gusti. Porque segundo se di na presentación editorial "Ninguén
como o pequeno Brais rastrexa, corre e domina mellor o arco e as
frechas. Só a voz atronadora de mamá é capaz de borrar dun plumazo as
aventuras no lonxano Oeste. Imaxinación, xogo e humor asegurados."
Elmer e o osiño perdido de David McKee, traducido por Xosé Manuel González. "Nin o león,
nin o tigre, nin os demais animais saben do paradoiro dun boneco
perdido. Mais Elmer artella unha cadea de solidariedade entre todos os
habitantes da selva para que o bebé elefante deixe de estar triste."
Pequenos de casa e Pequenos salvaxes Os animais domésticos e os animais da selva e o bosque son os protagonistas destes libros de tea co obxectivo de estimular os sentidos, iniciarse na lectura de imaxes, xogar coa rima. Da autoría de Jonathan Miller e traducidos por Xosé Ballesteros, os libros en tea para as primeiras idades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario