Carmelo Lisón dona os seus materiais de investigación á biblioteca da
Deputación de Zaragoza
Os fondos, dixitalizados grazas a unha
subvención, inclúen todo o
material etnográfico manuscrito acumulado por Lisón ao longo das súas investigacións en Galicia e tamén o conxunto de fotos e películas en
cor e branco e negro que realizou desde os años 60.
Trátase dun material froito "anos de recollida de
datos aldea por aldea", destacou Lisón, que afirmou querer poñer ao seu pobo natal, La Puebla de Alfindén, no "mapa antropolóxico de España".
Para albergar estes traballos anunciaron que pronto comezarán as obras para a
construción do Centro Humanístico Carmelo Lisón.
Deste autor son os libros: Antropología Cultural de Galicia (1971, Siglo XXI, Madrid); Endemoniados en Galicia hoy, 1984; Perfiles simbólico-morales de la cultura gallega (1984); Endemoniados en Galicia hoy. La España mental II, 1990; Brujería, estructura social y simbolismo en Galicia, 2004 e Antropología cultural de Galicia (obra recompilatoria en 6 vols.) 2004.
Ningún comentario:
Publicar un comentario