Antonio Manuel Fraga ganador do premio Jules Verne de
Literatura Xuvenil 2020 con
Santoamaro. Nela relátanse
as relacións que se establecen entre un grupo de amigos que, tras
terminar bacharelato, se reúnen todas as noites do verán na praia
coruñesa de Santo Amaro. O xurado destaca o estilo directo dunha narrativa presentada como unha
función teatral e a linguaxe “próxima, clara e concisa con referentes
actuais -cada capítulo ábrese con mensaxes de Whataspp- coñecidos polo
lector”, no que provoca “unha reflexión sobre o propio acto de creación
literaria” e ao que mantén “en tensión” ata o final da novela. Este autor xa conseguira os premios X Certame de microrrelatos da Lonxa Literaria de Moaña, o Prmeio Merlín coa obra
O Castañeiro de Abril, I
Premio Antón Risco de Literatura Fantástica coa novela
Querido H.P. Lovecraft, obra pola que conseguiu tamén o
Premio da Crítica Galicia de Creación Literaria en 2017, o I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil por
O bestiario científico de Anxos Nogueirosa, título polo que acadou o premio da
Gala do Libro Galego 2019 á mellor obra xuvenil.
Andrea Maceiras ganadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2020 con A Folla azul. A autora
narra en primeira persoa a historia dunha nena dun poboado amazónico que
se ve obrigada a emprender unha viaxe para salvar ao seu pobo. O xurado
destacou desta obra o seu dominio da arquitectura da narración, así
como o seu “profundo compromiso social”. Esta autora, gañou o Premio Lazarillo á creación literaria por Conta nove estrelas en 2018.
María Marco Covelo ganadora do Premios Xerais 2020 con Coidadora. Esta é a súa primeira obra, da que o xurado destaca que ademais de abordar un tema de actualidade
como é o das coidadoras desde a perspectiva de alguén que coñece esa
profesión, o “excelente pulso narrativo” que fai partícipe a un lector
“activo e interveniente” de “a angustia que, en ocasións, provoca a
profesión”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario