Nós, foi escollida como palabra galega do ano. Tal vez porque celebrabamos o centenaria da publicación Nós que lle dará nome á xeración Nós. Nós, tamén por nosoutros e nosoutras, por esa primeira persoa do plural do que formamos parte cando estamos en grupo. Nós, os galegos e as galegas que nos caracterizamos pola mansedume, o deixar facer, o todo vale porque deus é bo pero o demo tampouco é malo. Nós, as mulleres que seica andamos a facer unha revolución silenciosa dende hai tempo. Nós, as persoas que defendemos a lingua de noso, falándoa, promovendo o seu uso (nón, non obrigamos non, só convidamos, ou vai ser que é pecado convidar a falar a propia lingua?)
Nós, polo xornal que manteñen en pé un grupiño de galegos e galegas de ben.
Lembramos que desta maneira Nós ingresa a ese club de palabras distinguidas con este título, do que forman parte sentidiño», desde el 2019; «deseucaliptización», en 2018; «afouteza», en 2017 e «irmandade», desde 2016.
Aí quedamos, nós, retratados e retratadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario