A obra máis reeditada e traducida celebra o seu 55 aniversario o mesmo ano en que poderá comezar a lerse en esperanto. O tradutor é o filólogo vigués Suso Moinhos e a editorial Mondial, ubicada en Nueva York. Esta obra irá acompañada polas ilustracións de Díaz Pardo.
A primeira novela galega traducida a este idioma universal foi Retrincos de Castelao.
"O galego é a miña filla biolóxica e o esperanto, a adoptada, pero ás dúas as quero por igual", di Moinhos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario