Por primeira vez é un escritor chino o que recibe o premio Andersen.
Cao Wenxuan é catedrático da universidade e conta con libros traducidos a varios idiomas (como Bronce y girasol situada nunha aldea rural china na época da Revolución Cultural ou a serie Dingding Dangdang sobre dous irmáns con síndrome de Down que fuxen por separado da aldea buscando un ao outro ).
Ten 62 anos e é ben coñecido nos circulos literarios chinos. Cóntase que a súa infancia se viu marcada pola pobreza, véndose refletidas na súa obra as experiencias vividas nas décadas de 1950 e 1960.
Máis de 500 escritores e editores se deron cita en Nueva Zelanda esta semana para o trixésimoquinto Congreso da Organización Internacional do Libro Infantil, IBBY, onde se entregou este premio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario