Así ou de xeito semellante, se chaman: festas, encontros... que máis dá!
Do que se trata é de que igual que nos podemos reunir para ler en voz alta (un ou unha detrás doutro ou doutra) nun maratón de lectura, igual que algunha xente o fai lendo todos á vez (debe ser moito ruído o que se produce, sobre todo se as lecturas son diferentes debe semellar un Babel) podemos facelo en voz baixa, de maneira silenciosa (tal e como o practicamos sen pensar) nas bibliotecas ou librarías, pero neste caso en calquera outro lugar.
Modas que veñen de lonxe pero que podemos adaptar... Propoño un lugar: as escaleiras da Quintana!
Ningún comentario:
Publicar un comentario