Consellos para crear o hábito da lectura:
Os expertos lembran que é importante axudar aos pequenos a organizar o seu tempo e a súa biblioteca, as visitas á biblioteca pública e á libraría.
É interesante reservar un tempo para a lectura, unha hora de ler, un tempo de calidade que fala de sistematización, de constancia e de competencia lectora.
Os adultos interesados en crear o hábito lector poden pedir consello na escola, nas bibliotecas, nas librarías... para tomar decisións acerca dos libros máis axeitados para cada idade e para neno ou nena, en particular. Por iso, o máis importante é atender aos seus comentarios, ás súas preguntas, para descubrir cales son os seus intereses, os seus gustos... É importante deixarlles a liberdade da escolla aínda que non podemos delegar no mundo comercial, xa só faltaba que no nome da liberdade sexa a publicidade quen nos gane. Nese xogo de propoñer, non impoñer, está a clave do éxito; que non vexan a lectura coma unha obriga.
Aproveitar calquera situación para achegar un libro como agasallo, como apoio para tratar calquera tema, como obxecto cultural que ha de estar sempre a man.
Só se ensina co exemplo, polo tanto só cando os adultos len, aproveitan toda oportunidade para facelo, disfrutan desa afición... convencerán aos e pequenas de que vale a pena facelo. A imitación é un gran aliado e o acompañamento as nosas armas; é necesario o apoio dos mediadores en todas as idades, para que o lector en crecemento non se sinta só, tampouco cada xa semella que se valen moi ben por si mesmos. Compartiremos con el este marabilloso hábito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario