Os Xerais xa foron hai tanto tempo!
Pero nunca é tarde para falar deles, sobre todo porque debemos dicir que os agardamos, que temos ganas de lelos, que nos apetece lembrar outra e outra vez aquela xornada de boas palabras.
Foron Ledicia Costas (que nos trouxo a emoción) e os ganadores: Manuel Esteban coa novela A ira dos mansos no premio Xerais, Iria Misa con Xa non estou aquí para o Jules Verne de literatura xuvenil e David Pérez Iglesias con Todo o tempo do mundo para o Merlín.
Era o 4 de maio, onde el vai!
O sábado 4 de xuño de 2016 resolvéronse os Premios Xerais na Illa de San Simón (Redondela). Na XXXIIIª edición do Premio Xerais resultou gañador Manuel Esteban coa novela A ira dos mansos, na VIIIª edición do Premio Jules Verne de literatura xuvenil Iria Misa con Xa non estou aquí e na XXXIª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil David Pérez Iglesias con Todo o tempo do mundo.
A escritora Ledicia Costas, quen recibirá o próximo venres o Premio dos Clubs de Lectura, foi a mantedora literaria do acto, co discursoTodas as constelacións do mundo, que dedicou á Xeración Lamote por abrir o camiño da esperanza, lembrando a súa experiencia como lectora dende cativa.
Os Xerais xa foron hai tanto tempo, pero queremos volver a esa tarde na que esperabamos que AFP seguira escribindo para a lingua, o país, a escola...
Os Xerais xa foron hai tanto tempo, pero queremos volver a esa tarde na que esperabamos que AFP seguira escribindo para a lingua, o país, a escola...
Ningún comentario:
Publicar un comentario