Algunha vez teremos que volver os ollos a Latinoamérica e ver os premios e seleccións da Fundación Cuatrogatos.
Así o contan:
Cada ano, despois de ler, analisar e discutir unha ampla e representativa mostra de libros en español para nenos/as e mozas/os, publicados por pequenas e grandes editoriais de Iberoamérica e Estados Unidos, un comité de lectores
realiza a selección dos títulos ganadores do Premio
Fundación Cuatrogatos. Trátase de 20 libros altamente recomendados polos seus valores literarios e plásticos, que a xuízo de institución merecen ter a maior difusión.
No enlace, ademais dos 20 ganadores inclúense os finalistas. Atentos sempre á mellor literatura en español, á que a rapazada galega accede sen dificultade, pero tendo en conta que os ollos que len teñen querencia polo propio, de maneira que veremos moito libro publicado en Sudamérica e darémonos conta de que coñecemos outras obras que nós tamén teriamos incluído.
Ningún comentario:
Publicar un comentario