Sopa de estrelas. Poemas de Pepe Cáccamo. Ilustracións de Berta Cáccamo. Urco Infantil.
Dous
irmáns: un gran poeta e unha pintura de prestixio xúntanse para construír un bo
libro, nun formato humilde.
Unha obra
que a modo de sopa, recolle o universo a través de versos nos que se fan
presentes as estrelas, galaxias, planetas, satélites, meteoritos, nebulosas,
asteroides, lúas... pero tamén estrelas fugaces ou chuvias de estrelas.
O ceo no
plato e a sinxeleza rimando coa calidade.
Os
recursos da boa poesía infantil, o ritmo e a musicalidade ao servizo dun
produto pensado para primeiros lectores. As ilustracións, no estilo propio da
pintora e absolutamente recoñecible, acompañan moi ben os pequenos poemas, coma
dous irmáns que van da man.
Ningún comentario:
Publicar un comentario