Segredos no Solpor é o segundo libro de Iria Misa, a autora ganadora do Jules Verne con Xa non estou aquí.
Nesta entrega sitúanos no hotel dunha vila da costa, nun verán. Este enclave fainos pensar na cantidade de películas e series enmarcadas nese tipo de lugares, a relación entre os traballadores e donos do hotel cos clientes... pero neste caso vai ser unha adolescente a protagonista, unha moza que anda de amores e escapadas pero que no comportamento familiar continúa a ter moito de nena.
Violencia de xénero en dúas xeracións distintas (a duns pais pero tamén a dos adolescentes actuais) e un vello segredo que xira arredor de sexualidades non predominantes en tempos pasados.
As lembranzas perdidas no lago Antelväri de Xosé Duncan.
O autor, especialista en fantasía e terror, consegue o seu obxectivo. Un lago, persoas maiores que se van a vivir en casiñas na natureza. Unha sociedade de asistencia á terceira idade, medio de beneficencia, que oculta algo do que non se pode nin debe falar. Esoterismo e seita. Terror en estado puro que sempre vai máis alá do que podías pensar.
Como sempre, toca pensar nas relacións con algunha outra sociedade que poida andar preto de nós... porque nada é tan tremendo como a realidade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario