xoves, 24 de setembro de 2020

Un novo libro de Paula Carballeira

Hai quen escolle os camiños máis longos, publicado en Edicións Positivas.
Falando de camiños, está o da nena coa carapucha vermella,  o da nena de pel branca como a neve, o da nena que atopou a braxa da casa de chocolate, o da nbena que durmiu 100 anos... porque despois de cada un destes apartados, o libro remata cun par de poemas baixo o epígrafe "Hai quen escolle o camiño máis longo"
O último deles:
"O camiño máis corto
Acaba enseguida
E con el
A viaxe
Na que te vistes dunha persoa
Que es ti tamén
Con outra roupa.
O camiño máis longo
Ten bruxas, ten ananos, ten perigos, ten lobos
Ten espellos
Nos que vas vendo como mudas
ten codias de pan seco
Corvos
Serpes
Samesugas
Ten tobos.
Hai quen prefire non arriscarse
Ao arrecendo do zucre unha casa de chocolate
Entre a ramaxe.
Hai quen non se detén nin para coller flores
Hai quen prefire a madeira
E non as árbores
Hai leñadores
Hai cazadores
Y hai nenas
Con ou sen carapuchas vermella
Hai
Ten que haber
Bosque

Versos arredor dos contos marabillosos. unha nova mirada a esas historias onde as nenas e mulleres aprenden determinados comportamentos. Porque o bosque é o perigo, porque no bosque está o lobo, porque o lobo leva na súa natureza enganar ás nenas, sobre todo a aquelas que levan caperuzas vermellas porque xa deron o sangue tiñeu a súa roupa... e hai que avisalas para que escollan sabendo ao que se arriscan porque os dous camiños non son iguais. Princesas que son enganadas e só espertaban co bico dun príncipe. Historias a revisar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario