Nesta constelación recolleremos algunhas estrelas que forman sagas femininas ou series protagonizadas por nenas. Cada un dos planetas cos seus satélites xirando sempre arredor dun personaxe que lle dá continuidade e nos pega á historia que continúa en cada entrega.
A de María Reimóndez, unha nena galega que acompaña a súa nai cioperante na India: Usha e Volvo! O regreso de Usha.
A de Xoán Abelleira, unha nena inuit que vai descubrindo o seu mundo e mostrándonolo a nós, que ficamos tan lonxe: As aventuras de Nunavut. O nacemento de Nunavut, Sedna, a deusa do mar, O caribú namorado, Un día de caza
A de Ramón Caride, Said e Sheila, dous irmáns que viven no futuro e nos contan as súas aventuras a través do ordenador, como se nos enviaran cartas ao pasado: Perigo vexetal, Ameaza na Antártida, O futuro roubado, As aventuras de Said e Sheila, A negrura do mar e O camiño da Estadea.

Ningún comentario:
Publicar un comentario