sƔbado, 24 de abril de 2021

Varios libros, varias idades lectoras, varias editoriais...

A tartaruga Amodovou de Paula Carballeira con ilustracións de Ana Seixas, publicado por oqueleo. Un libro cheo de cores para primeiros lectores e lectoras.Como camiñarÔ unha tartaruga que leva ese nome? Dende que nace a tartaruga vive rodeada de aves que lle avisan dos perigos ou que a axudan a voar ata colocarse sobre unha balea para que coñeza o mar dende dentro. Unha tartaruga feliz nun mundo en primavera. Porque amodiño tamén se fai o camiño.

A formiga destemida de María Reimóndez, ilustrado por IvÔn Sende e publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín. Unha formiga coma as demais, ou non tanto "Porque ela, de cando en vez, despístase. E hoxe sentía no corpo esa necesidade. A necesidade de levantar un chisquiño a cabeza. Un chisquiño nada mÔis... " Lese na presentación editorial "Unha fÔbula sobre a ansia de coñecemento e sobre a importancia de afrontar a vida sen prexuízos que nos limiten". Semella que as formigas saen das fÔbulas, andar arredor delas.

O mundo mĆ”xico de LĆ­a de Eduardo Santiago con ilustracións de Marcos Calo, publicado na colección MerlĆ­n de Xerais. Unha nena de dez anos. Unha nai que a considera moi madura, un pai que se burla dela, a xente que pensa que Ć© muda... pero hai un Ć”mbito subterrĆ”neo detrĆ”s dese comportamento, uns medos e unha necesidade de salvar a alguĆ©n mĆ”is que a ela. Todo iso a levarĆ” a unha viaxe na que atravesarĆ” o mundo subterrĆ”neo sobre o que flĆŗe a cidade de Pontevedra na noite, e na compaƱƭa dun trasno como Ćŗnica axuda, conseguirĆ” o que se propón: volver Ć” casa onde xa non estĆ” a violencia de xĆ©nero abrouxando o seu universo.  

A historia de Greta. (Non es demasiado pequeno para facer cousas grandes. A biografĆ­a non oficial de Greta Thunberg). Escrito por Valentina Camerini, ilustrado por Verónica Carratello, teaducido por MoisĆ©s Barcia e publicado por Sushi Books. HabĆ­a que contar nun libro para rapazada a historia de Greta, a adolescente sueca que comezou unha folga polo clima ela soa cando contaba quince anos, a rapaza que semella malhumorada cando lles fala aos dirixentes polĆ­ticos, a moza que espertou un movemento necesario e nos puxo a seguila nas sĆŗas viaxes e encontros nos cumios mundiais. Nunca tal se vira. Todos os medios de comunicación recollĆ­an a noticia, repetĆ­an as sĆŗas palabras e demostraban que as rapazas diferentes son imprescindibles sempre pero neste caso mĆ”is. 

Unha historia que comeza o 20 de agosto de 2018 e aĆ­nda non rematou porque a rapazada, a mocidade vaise ter que poƱer en pĆ© para defender a Terra que estĆ”n herdando ou non haberĆ” planeta, e non hai un plan B para este asunto. No libro cóntasenos esta historia pero tamĆ©n se amplĆ­a para explicarnos "Que podemos facer nós?", para engadir un glosario medio ambiental, unha cronoloxĆ­a da contaminación humana e o quecemento global e un listado de enlaces a pĆ”xinas web onde continuar afondando nesta temĆ”tica.   

Porque hai camiƱos que Ʃ preciso facer, sexas tartaruga, formiga ou nena. Porque Ʃ preciso loitar pola vida, defender as ansias de saber, salvarnos dos monstros que adoptaron formas humanas e protexer o planeta. Por todo iso, Ʃ preciso ler.

NingĆŗn comentario:

Publicar un comentario