El Hematocrítico está especializado en darlle a volta ás historias, en traballar cos personaxes dos contos tradicionais en situacións moi diferentes e con personalidades moi distintas. Neste caso, en Alcaldesa Vermella, Carapuchiña vai chegar a alcaldesa, porque cando falamos de Vermella no imaxinario do Hematocrítico só pode ser ela. E como chega a alcaldesa? Pois presentándose ás elección, como debe ser, non estamos no mundo das monarquías nin dos imperios. No conto tamén aparece unha bruxa (desas que sempre poñen problemas), un xenio da lámpada (que acaba de xubilarse e xa non cumpre desexos)... pero o mellor do conto é esa Carapuchiña que cando cada un dos habitantes do bosque se pon a dicir o que quere, ela lles pide: e por que non pedimos algo para todos? Así nace a democracia e a boa xestión, traballando a favor do ben común.
Un relato sinxelo no que as ilustracións de Mar Villar colaboran, achegando nova información, detalles humorísticos e apuntalando valores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario