Van chegando parellas de animais que se poñen á cola, dous ratiños obsérvanos curiosos. Preocúpalles chegar tarde, que a cola sexa moi longa, van contando o que é a arca, quen é Noé, o que vai suceder, xa está comezando a chover cando entran os últimos... e as páxinas ábrense sobre si mesmas nunha traca final para ver o interior... non, da arca non, do TEATRO: no seu escenario xa apareceu Noé cunha pequena barca na man para contarlles a historia do diluvio universal a todas as parellas de animais espectadores que atenden sen dicir nin pío, atentos, atentos que a función xa comezou!
O mellor agasallo para o Día do Teatro. Unha historia na que se mesturan a dramaturxia cunha narración, a realidade co mito, o teatro coa vida mesma. Que pasaría se alguén nos contara que un virus que non vemos nos castigara meténdonos nas casas sen poder saír nin abrazarnos?
Outra historia para contar "moitos anos despois".
Ningún comentario:
Publicar un comentario