Da wikipedia recollemos: "novelista, xornalista, feminista, ensaísta, crítica literaria, poetisa, dramaturga, traductora, editora, catedrática e conferenciante española, introductora do naturalismo". A primeira muller en presidir a sección de literatura do Ateneo de Madrid e a primeira en ocupar unha cátedra de literaturas neolatinas na Universidade Central de Madrid en 1916 ademáis de ser nomeada en 1910 Consejera de Instrucción Pública por Alfonso XIII. Unha adiantada ao seu tempo a moitos niveis.
Este ano, cando se cumpre un século da súa morte, lémbrase a súa figura mediante exposición e outros eventos. Aquí, queremos lembrar que un par de libros dirixidos á infancia se fixeron cargo da súa biografía. Por un lado, Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros, da autoría de María Xosé Queizán e publicada por Xerais na colección Sopa de Libros. O outro acaba de saír do forno, Emilia Pardo Bazán. Unha mente poderosa da autoría de María Canosa con ilustracións de Bea Gregores e publicado po Bululú. Unha biografía na que se presentan unha serie de momentos da súa vida que permitirán achegarse a un universo persoal único e abandeirado. Por medio deses retallos imos seguindo a súa vida e obra, viaxes e situacións familiares e persoais, así como a súa relación cos intelectuais do seu tempo. A autora consegue o tono para o relato histórico e remata cunhas notas nas que sintetiza e recolle uns apuntamentos a ter en conta. Unha magnífica edición!
Ningún comentario:
Publicar un comentario