Varios libros que non poderían ser máis diferentes. Ou si. Por unha banda, Un mundo para Maruxa con texto e ilustracións de Estefanía Padullés publicado por Belagua. Unha historia que busca espandir os valores medio ambientais e apoiar o activismo infantil neste senso. "Unha mañá, o barco pesqueiro do pai de Iria trae ao porto a Maruxa, unha londra que ten que ser atendida no Centro de Recuperación de Fauna Silvestre. Iria descubrirá entón o perigo dos plásticos para os animais mariños e o seu impacto medioambiental nos océanos, polo que porá en marcha un plan para salvar o planeta.
Como vai cambiar a vida de Iria a partir dese intre? Poderá conseguir o que se propoña?" Cambia totalmente, pero non só o seu, coas persoas maiores da residencia, coas compañeiras e compañeiros do centro educativo e coas persoas traballadoras do Centro de Recuperación de Fauna, conseguirán transformar a situación, comezando polo máis próximo... e quen sabe ata onde pode chegar a onda espansiva desta boa xente.
O libro, que defende valores ambientais, mooi claramente, toma a broma o activismo dunha profesora que leva á rapazada a traballar cos maiores, ese forma de buscar o apoio da rapazada poñendo en entredito a unha profesora e unha actividade, non me semella nada interesante, esa crítica máis ou menos velada non se pode tomar a broma porque nesa orde de cousas sería tamén risible o que se fai para defender aos animais ou para eliminar o consumo de plásticos. Nalgún sitio debe quedar claro que hai que reprensar as actividades a realizar coas persoas maiores pero non ridiculizar a quen o intenta.
O espazo de fóra. Unha aventura doutra dimensión de Martin Sodomka, traducido por María Reimóndez e publicado por Baía. A aventura duns amigos que estudan no Liceo de Matemática e Física e andan a reunirse na cabana dunha horta urbana para deseñar un foguete que poda voar a afastados planetas, o seu encontro cun par de seres doutro planeta que viaxan no tempo e os cambios que se producirán na súa vida. A historia de ficción vai escrita sobre fondo branco e con ilustarcións a debuxo, pero ao seu lado asistimos a unhas clases de física que se achegan a unha explicacion do que se trata na ficción; polo tanto, esta vai ao lado da divulgación científica (sobre fondo negro) na que os debuxos, gráficos, planos atenden á divulgación científica e non á expresión artística. Unha mestura de texto expositivo e narrativo, de libro narrativo e de divulgación científica.
de Manuel Gago que chega a nós coeditado por Atlántica Festival Internacional de Narración Oral e libraría Couceiro. "Trátase dun libro que inaugura as palabras escritas dun festival falado pois leva as palabras faladas (historias familiares, vellas lendas, especulacións tabernarias) ao corazón dunha casa de papel" aparece nunha das lapelas. O autor fai un percorrindo buscando os pantasmas dos castelos, pazos e casas palacegas galegas que aparecen tan asiduamente noutros lugares como Escocia, e partindo da cantidade de historias de aparecidos que se moven entre nós. Conclúe que "para consruír o país, fidalgos e señoritos decidiron agacharse eles mesmos detrás do indíxen, do paisano supostamente depositacio das esencias nacionais. Que a clase alta ou os dirixentes se agachen detás de alguén para manobrar discretamente non nos debera sorprender: é unha característica propia dos dirixentes de Galicia desde finais da Idade media ata o presente". A referencia ao xornalista Neira de Mosquera, o creador da interpretación romántica de Santiago en palabras de Otero Pedrayo e que fala así "nós formulamos un sistema simultáneo de escribir a historia coas galas da fantasía e os apuntamentos dos arquivos e das bibliotecas proporcionando ao fondo das crónicas, a forma das lendas". Pregúntase o autor se este texto seu non podería ser unha homenaxe a este home que reinventou os relatos de Galicia, xogando como el a ensarillar un texto de a cabalo entre a documentación histórica, a imaxinación colectiva, a memoria familiar e a ficción literaria. Porque Neira monta en Galicia o equivalente ás novelas de Walter Scott e do Vizconde de Alicourt, o anuncio do Rexurdimento nesa mestura de fantasía e realidade, a hsitoria do país que ata daquela era unha colección de santos vellos anais e cronicóns moi estilo Antigo Réxime soterrados no fondo das bibliotecas particulares lévaa NdM ao conto preparado para o gusto popular. Os pantasmas das casas señoriais pero tamén das igrexas e mosteiros, ata dos barrios, as sociedades espiritistas, as masónicas... Valle Inclán paseando por esa espazo do misterio nun tempo que se prestaba ao esoterismo, a súa fascinación polas ciencias ocultas, médiums e teósofos. Móstranos Gago a historia do hermafrodita Babel, o que vén deses tempos, fala todas as linguas
Percorren o texto tamén Avelina Valladares, Xoán Tuórum, Berenguel de Landoira... As lendas urbanas. Porque as pantasmas sn coma os cans ou os bebés agárranse a algunhas persoas porque recoñecen nela algo que non ven nos demais, sen que consigas explicarte o que é, se cadra non nos v´en só a nós e nós andamos nunha comapaña invisible polo mundo. E Gago atopa o que busca incluso en espazos tan actuais como o antigo Localia ou o CGAC cunha instalación de Barbi (A volta dos nove) na que lle toca concluír que quizáis as pantasmas non pertenzan só aos lugares senón tamén as imaxes (por exemplo as fotos). Pasar polas loitas medievais e a memoria histórica. Nóvoa Santos nunha conferencia sobre os límites da ciencia, definiu a conciencia humana como "un fragmento do que nos envolve por todas partes, que nos penetra intimamente e do que se estende máis alá das remotas fronteiras do descoñecido", acusado pola igrexa de ter caído no abismo do panteísmo, porque NS tamén escribiu "Os seres queridos que fuxiron para sempre do noso carón, viven realmente en nós..., tropezámolos todos os días... Están en nós mesmos, áxiles, inquedos, palpitantes. Deixaron no noso ser tan profundas pegadas, tanto corazón, tanto espírito, que eels continúan vivindo en nós... valaquí a máxima consolación á que podemos aspirar: a permanecer unidos aos nosos mortos mentres vivamos". O que non ode ser definido pero si sentido,a disolución serena do eu na procesión eterna das ánimas que moran nos camiños, na terra que conforma todo.
Cada cousa que vemos oculta outra (Magrite). O coñecemento non depende tanto das respostas como das preguntas, que son as que marcan o campo de xogo. Cando comezas a investigar un tema, pareces convocar todos os acontecementos para que sucedan o seu redor. Cando se escava por parte dos arqueólogos, as historias de nouros desaparecen ante o discurso científico, cando volven a quedar a monte vólvese un non-lugar, o mítico e o científico sucedéndose, tamérn se perdeu en Compostela a memoria do espazo de conflito, de poder político e de construción dunha idea de país. Gago e Carlos Núñez a diferenza entre os países atlánticos e o noso, o deles é só escenario porque a súa tradición está morta, recuperan as tradicións que escribiron os etnógrafos de séculos pasados e non das voces vivas -como no noso caso- que aínda moldean as historias coma o barro, promocionan as pantasmas porque están mortas porque perderon o río de sangue que neste país aínda as une a nós. (case todo son palabras de Gago)
Ningún comentario:
Publicar un comentario