martes, 11 de maio de 2021

A miña primeira novela do... Salvaxe Oeste / de Maxia

As probas do mago pertence á colección A miña primeira novela de maxia, da editorial Contos Estraños. Está escrita por Vanesa Santiago e ilustrada por Iago Torres (debuxos a carbanciño clásicos).

En Arde Lucus, o protagonista coñece a un druída (do que pensa que é actor) que o chama polo nome e lle envía saúdos para a nai. A partir de aí a historia vai por outros camiños, irán visitar á avoa ao Courel, atoparán de novo a mago Roque Duasaugas e a unha rapaza da súa idade coa que ha de enfrontarse na resolución de tres probas para ver cal deles será o aprendiz de mago ao que este lle ensine o que sabe. Percorren Galicia para resolver o enigma, polo camiño Fuco coñecerá ao pai e descubrirá que o mellor dos poderes é poder compartilos.  Cada vez que na historia aparece un tema do que se considera que o lectorado poda ter interese en saber algo máis, unha páxina recolle o debuxo dun móbil e na pantalla debaixo do título (Canto sabesde historia? / Canto sabes de cultura popular / Canto sabes da natureza / Canto sabes sobre outros países...), o tema (vodú, druídas, Pico Sacro, Camo Lameiro, mouros e mouras...) unha breve explicación e un código QR para acceder a máis información.

No seguinte libro, Pegadas de búfalo, non contaremos con esta especie de hipervínculo pero si con páxinas onde se explican elementos e personaxes moi vinculados ao Oeste como sheriff, banxo, squaw, papoose, síux, Tío Sam, Gran Pai Branco de Washington, Custer, Touro Sentado...  A historia dunha familia que chega ao Oeste despois de mercar unha terras e atopa todo tipo de dificultades pero non por parte dos indios (aos que lle botan as culpas) senón de xente sen escrúpulos que quere quedarse coas terras e botalos fóra, a protagonista, unha nena, farase amiga dun indio e xuntos descubrirán toda a trama, iso si, coa axuda do sheriff e de todo o pobo que está disposto a defender o seu dereito a vivir a en paz.  Coñeceremos máis através da entrevista ao seu autor, Tomás Rivera.

Unha e outra obra pertencen á colección A miña primeira novela de


Ningún comentario:

Publicar un comentario