Non sei, non me gusta que a rapazada estea ansiosa, que se deprima, que o pase mal, non me gusta pensar en enfermidades que se poden atallar e igual tampouco me gustan demasiado os libros que falabn destes asuntos, que semellan feito adrede para paralos... porque hai que evitar as causas, non poñer tiritas ás roturas do equilibrio.
Estou un pouco farta de psicopedagogos/as e outras especialidades que andan nisto porque sempre souben que a boa literatura cura e prevé sen buscalo. O que tal ten feito María Gripe (e tantos outros) pola nosa rapazada sen ter ese obxectivo, sen pensar en nada máis que no que as crianzas lle trasmitían silenciosamente. Sinto que todo isto me xurda cando estou a ler un libro determinado, por iso non vou dicir o título porque seguramente se trata de que a gota chegou ao borde do vaso, simplemente iso, e non se debería ser tan subxectiva... pero algunha vez tería que dicilo. Igual que hai que dicir que as editoras teñen que ter a obriga na revisar a corrección das obras, porque cando o texto está no libro xa é responsabilidade deles. Está a haber problemas con este asunto; e cando os hai trasládanse inmediatamente ao galego, á lingua cincenta que apanda con todo e... xa non precisa máis, de verdade que non.
Eu pediríalles algo de compromiso a autores/as, editoriais e mediación. Non podemos matar a galiña nin acabar cos ovos. Non podemos escoller malos alimentos para darlles como lectura á rapazada porque diso vai depender o futuro da lingua; o hábito, o pracer e a competencia lectora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario