O sombreiro de Murga na Casa de Rosalía. Todo comeza cando percorres a Casa da Matanza e nunha das salas aparece o sombreiro de copa de Manuel Murguía, o guía fala do home de Rosalía, do seu tamaño real e simbólico. Cando a visita remata e estás saíndo, na tenda aparece o libro que se presenta así: "Murguía era pequeno, tan pequeno, que os amigos lle chamaban Murga, “o rato”. Cando veñades, os máis cativos, á Casa de Rosalía na Matanza, tendes que saber que no cuarto de enriba, no sobrado, deibaixo do sombreiro de copa de Murguía, efectivamente, vive un rato…" Da autoría de Manuel Lorenzo Baleirón, está ilustrado por Bea Gregores e conta cunha segunda parte, a modo de obra informativa chamada "A hucha de Murga" na que se fala de distintos elementos relacionados co lugar: presçéntase a Casa de Rosalía no pasado e na actualidade, a chisteira negra de Murguía cedida pola RAG, o xardín da casa con diferentes árbores (carballo -unha tropeza do de Guernika), figueira, camelios, loureiro, árbore do coral, ombñu...), o pote do caldo (para facer o caldo de gloria), a casa representada na cerámica Celta), as fotos, os compañeiros de viaxe (Vicetto, Pondal, Aguirre, Chao...), os libros (Cantares e Follas), o cuarto dende o que se ve o mar, as pinturas de Ovidio (o fillo da Xeración Doente), o piano e as referencias aos lugares ("Como miudiño chove") e aos barcos ("Inchadiña branca vela").
O rato, que vive na chisteira recibe o nome de Murga (seica tamén chamaban así os amigos a Murguía) e sae polas noites para percorrer os lugares da casa e os de fóra, creando misterios que só el sabe resolver.
Unha obra entre a ficción e a realidade, entre a verdade novelada e os animaliños sempre próximos ás crianzas.
Conta cunha guía de lectura elaborada por Pilar Ponte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario