O reino de Libeliño de Estefanía Padulles (no texto e as ilustracións) "é un libro cheo de personaxes lendarios como dragóns, princesas, bestas fantásticas, sabios e cabaleiros que se enfrontan a moitas aventuras por montes misteriosos. Pero é algo máis: é a historia do reino de Libeliño, un lugar máxico e moi divertido que vos vai traer á cabeza a lembranza dos contos tradicionais para ir durmir", di a presentación editorial. Está publicado por Hércules de ediciones, na colección Novas lecturas de Hércules, traducido por Rosario Baleirón Sóñora. Un país: Libeliño; un rei medio parvo que convida á princesa doutro reino e se mete nun lío tremendo querendo facerlle un agasallo (un colar de raios de sol con pingas de auga), menos mal que a princesa é lista e consegue demostrarlle que nin siquera el co seu poder podería facer tal e non lle queda outra que regarlarse a si mesmo. Casa, teñen unha nena que é feliz ata que o rei volve meter a pata: xogando ao xadrez con outro rei cabréanse porque cando un do ah o outro di oh e entran en guerra, a princesa abúrrese sen astrónomo que lle ensine e marcha buscando aventuras. Chega ata o bosque onde vive o dragón e chegan ao acordo de compartir residencia pero os cabaleiros que envían dende o reino do pai acaban coa tranquilidade... só a visita dun mariñeiro de país afastado que vai buscando solución á guerra para que a xente poda volver ao seu. Vanse todos na busca da solución baixo as indicacións do dragón que é o máis listo, piden asesoramento ao tigrepardo que lles dá a frase que han de repetir aoi chegar ao campo de batalla: "Quen teña algo mellor que facer que pelexar que vaia á súa casa!" Os poucos que quedan "daban bastante pena, porque se notaba deseguida que estes soldados non tiñan ningún sitio a onde ir, que ninguén os agardaba na casa nin os botaba de menos; por iso lles importaba tanto polo "oh" e polo "ah", para ter algún obxectivo na vida." o que pasa con eles vale a pena ir velo ao libro, igual que o final da historia na que Cirolina, a princesa, demostra a súa autonomía e alí ninguén vai casar con ninguén e os trovadores contarán en contos e lendas o que ocurriu naquel reino.
Unha historia ben contada que demostra que estereotipos e roles andan atrasados, que as boutades dos reis sería mellor tratalas, que a guerra é tan absurda como as razóns para declarala ou o feito de que pelexan nela os que non se enfadan... Pois si, unha hsitoria para rir e pensar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario