Francisco Castro enfronta unha historia real que non deixou de chamar a atención dende as olimpiadas de 1936 cando Hitler estaba empeñado en demostrar a superioridade aria. Daquela, cando os nazis encheron de propaganda racista na vila olímpica, un atleta alemán axuda a superar o bache que lle impide calificarse a un atleta negro norteamericano que acabará conseguindo a medalla de ouro mentres el se conforma coa de prata, a ética deportiva que lle creará problemas antes os nazis e que posibilitará a súa morte nos ´derradeiros días da guerra cando está destinado en Sicilia. Luz Long e Jesse Owens que se trataban de irmáns a partir do momento no que o segundo lle presta axuda ao primeiro cartéanse, esas epístolas, o reloxio que un lle agasalla ao outro así coma o pano cos aros olímpicos que leva no pescozo un deles (o mesmo pano que puxo no chan para que Jesse pyidese saltar ben en Berlín son os obxectos que enfían a historia. Unha poxa en Sotheby, un enfermeiro británico que atende a Luz no momento da morte e lle confía a última carta que ha de enviar ao seu amigo para despedirse.
Preséntase así: "Nas Olimpíadas de Berlín de 1936, un atleta negro asombrou o mundo.
Jesse Owens gañou catro medallas e avergoñou o nazismo, que o
consideraba inferior pola súa cor de pel, dando unha lección deportiva;
pero nada do seu éxito sería posible sen un atleta alemán que xogou a
vida por axudalo.
Este libro conta a historia real de Luz Long, represaliado por Hitler
por axudar a un competidor, negro. Unha historia de amizade, respecto e
camaradería, nun tempo escuro de racismo, represión e violencia.
Francisco Castro recupera a súa figura para contarnos unha fermosa historia que non debe ser esquecida.
A historia non contada de Luz Long e Jesse Owens é un marabilloso relato de resistencia e de ética, un home bo no medio do deriva fascista que axuda a un negro a situarse por riba, incluso del mesmo. Dous homes de mundos moi distintos (de familia de avogados e de esclavos, un deles estudante e o outro traballando de ascensorista dende a infancia) que se atopan nos xogos olímpicos e se converten en máis que amigos a pesar das diferenzas, a pesar de que o Führer di que os negros non son humanos. A independencia e a ética teñen un prezo que hai que pagar, ás veces coa vida e sempre con castigo. A humanidade funciona a modo de colmea e cando un dos elementos non cumpre coas normas da tribo é sancionado, así lle sucede a Luz Long, quen lle vai perdoar que entregase a medalla olímpica a un negro?"
Tres homes bos: un alemán, un norteamericano e un británico. De non ser por este tampouco teriamos historia. Diferentes tipoloxias de texto: carta, narración, anuncio de poxa, discurso, reportaxe deportivo... As fotografías reproducen ese momento que Leni Riefenstahl reproduciu en Olimpia e a historia lémbranos que sempre hai persoas que salvan a humanidade, aínda nos peores momentos.
Tal vez fose necesario algo máis de tempo e dedicación, algo máis de texto para afondar no relato que sorprende ao mundo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario