A meniña furacán e o meniño esponxa de Ilan Brenman e ilustrado por Lucía Serrano para a editorial Algar.
Con ese título case non nos fan falla explicaicóns. Xa sabemos de que vai tratar, pero nunca está de máis buscar infroación pero, sobre todo, ler o libro, deterse nas súas ilustracións que amplían significados. A ver... imaxinade que esa nena nace con tanta forza, é tan vita que teñen que acolchar a casa para salvala das súas embestidas. El, pola súa banda é tan tranquilo que case non se nota a súa presenza, é un gran observador, tarda en facelo todo, pon moita atención. As súas mascotas seméllanselle (ou non?). O can dela coida as cousas que hai ao redor, , axúdaa... O del é un sapoconcho. Cado se atopan, ela non para sde moverse, el observa; ela propón baixar as mascotas, el ten certo temor pero o sapoconcho pérdelle no nariz ao can que se carca moito e todovai cambiando. Ela di "Ás veces os que teñen un aspecto tímido dannos unha sorpresa", el escoita e ri. Fanse amigos e contaxian un ao outro e outra ao un, porque van aprendendo a base de mirarse: ela calmarase, vai observando e imaxinando; el vai movendo o corpo cada vez máis. Nas primeiras gardas os debuxos que ela fai e os que fai del son moi diferentes (non temos que facer ningún esforzo para recoñecelos) pero nas últimas xa se van aproximando. Esa maneira de mostrar os cambios a través dos debuxos que as crianzas van facendo e obrigarnos a recoñecer cal é de cadaquén e como responde a un momento determinado enriquece a obra.
Preséntase así: "Ela é explosiva: está
cheíña de enerxía e non para un segundo! El é tímido e non lle gusta a
acción, mais é un gran observador. A través das expresivas ilustracións
de Lucía Serrano, coñecemos un meniño e unha meniña que non se parecen
absolutamente en nada. Ambos son intelixentes e divertidos, mais de
xeitos tan diferentes… Que pasaría se se fixesen amigos? En
A meniña furacán e o meniño esponxa, Ilan Brenman demóstranos con humor
que as diferenzas entre as persoas non nos afastan, senón que nos
enriquece.
Outro álbum é Gato Cono que vexo despois de terme referido a Can Cono. A historia é semellante. Despois do primeiro disgusto ao verse con esa férula e enfrontarse a todas as dificultades que aparecen, cae na conta de que tamén ten a súa parte positiva. Ao pouco tempo quítanlla e case a bota demenos ata que volve descubrir as posibilidades da nova situación. Sarah Howden e Carmen Mok son as autoras deste ábum ilustrado publicado por patasdepeixe.
Da presentación editorial: "Este libro é o compañeiro canino de Gato Cono. Un día, Emma sae do veterinario cunha pantalla de plástico xigante na
cabeza. Este armatroste impídelle xirar, cavar e fai que Garson, o
galgo, queda apampado. Unha cousa está clara: o cono non é bo e o único
que queda por facer é enfadarse. Cando o humano que vive con Emma tenta animala cun xogo de buscar a
pelota, Emma descubre que o cono atrapa milagrosamente todas as pelotas.
Emma decátase de que o cono tamén ten outras vantaxes sorprendentes,
desde servirlle como casco durante os seus saltos no corredor ata
axudarlle a cavar ao triple de velocidade. O mellor de todo é que o cono
xoga un papel fundamental no plan mestre de Emma para asustar ao
esvaradío esquío do barrio, Keith. Finalmente, o cono desaparece, e Emma queda libre, pero a importante
lección que aprendeu os seus días co cono permanece: con ou sen cono, é o
espírito inventivo de Emma o que a converte nunha cadela única e
especial. Esta nova e divertida continuación de Gato Cono é unha
deliciosa oda ao enxeño e a sacarmos o mellor dunha situación moi canplicada."
Ningún comentario:
Publicar un comentario