O xurado ditaminou e dou as súas razóns:
Ensaio e investigación
Dentro da literatura, de Suso de Toro (Edicións Xerais de Galicia)
Un
ensaio literario coa vocación de dar a coñecer os procesos da
literatura, escrito desde a lectura e sen renunciar ao exercicio da
divulgación do oficio da literatura e das maneiras de ler.
Explica dun xeito sinxelo e ameno todas
as singularidades do cerebro. É un libro que responde á demanda de
contar con máis libros de divulgación científica ben editados,
ilustrados e en galego que estean como este, dirixido a un público moi
amplo en idade e intereses.
Narrativa
Seique (2ª ed. ampliada), de Susana Sanches Arins (Através Editora)
Valorouse o exercicio da memoria persoal e familiar e a proxección
universal da mesma para compoñer un mosaico que se volve innovación
estrutural e que o lector ten que recompor, así como o uso da oralidade
na escrita.
Defenderon a recuperación dun estilo clásico para un xeito
innovador na literatura infantil no que salienta unha riqueza léxica e
un xeito de narrar sen convencións que resulta atraínte e singular.
Xuvenil
Os corpos invisibles, de Emma Pedreira (Edicións Xerais de Galicia)
Consideraron que era esta unha narración poderosa, que sobarda o
xenero xuvenil. Incorpora moitos referentes femininos para formar con
eles un corpo literario que fai rede con escritoras universais. A
perspectiva da muller combina na obra cun manexo da forma narrativa.
Libro ilustrado
Irmá paxaro, de Tamara Andrés, ilustracións de María Montes (Cuarto de Inverno)
Destacaron a conxunción e harmonía entre ilustración e
texto, unha combinación na que tanto o texto como a imaxe van máis alá
de ser complementarios o que o converte nun libro cunha formulación
novidosa.
Libro de banda deseñada
A chaira, de Antonio Seijas (Alita Cómics Editorial)
Escollida
por ser unha obra de autor que conta unha historia desacougante,
dramática e desconcertante, con paisaxes que semellan pinturas e
narración visual potente que combina a imaxe e a mensaxe.
Iniciativa bibliográfica
Castelao. Construtor da nación. Tomo I. 1886-1930, de Miguel Anxo Seixas Seoane (Editorial Galaxia)
Para
o Xurado é unha obra monumental, amplisimamente documentada e que
responde ao traballo dunha vida de investigación, ademais de ser o
inicio dun conxunto de tomos imprescindible para a historia de Galicia.
Tradución
Frankenstein ou o Prometeo moderno, de Mary Shelley/Tradución de Samuel Solleiro (Aira Editora)
Destacaron o valor de ser unha tradución que traslada á perfección
a lingua do clásico orixinal e que conserva a forza da historia e o
ritmo narrativa da novela, recuperando para o galego a forza dos
clásicos universais.
Poesía
Feliz Idade, de Olga Novo (Kalandraka Editora)
Destacaron
a combinación de situacións vitais da autora, a súa circunstancia e o
seu territorio xenera neste libro unha serie de imaxe poéticas con moita
tenrura e moita forza, ligadas a unha traxectoria coherente que volve
sobre o telúrico, que mantén o pouso literario e incorpora elementos
novidosos como a música sen apartarse do seu mundo habitual.
Teatro
Citizen, Grupo Chévere (Kalandraka Editora)
Valoraron que é unha obra que marcou unha antes e un despois nos
escenarios galegos teña continuidade nun libro que, coma obra escénica,
conta unha historia contemporánea sobre a Galicia actual.
Libro mellor editado
Fosforescencias, de Lupe Gómez/Ilustracións de Anxo Pastor (Alvarellos Editora)
Salienta a edición delicada, o emprego e combinación dos materiais e as ilustracións de Anxo Pastor.