Libros de poesía, libros de teatro... e non
podían faltar os de narrativa.
Un deles, Unhasombra vai polo camiño. Como desapareceu a Atlántida e apareceron os lagartos, aparece
na colección “Vouche contar un conto” que puxo en pé Xerais, de contos contados
na propia voz dos seus autores.
Outro, para pequenos e pequenas, O bigote de Mimí, aparece no volume Os
contos da campaña (VII Campaña de Fomento da Lectura), ilustrado por Xan López
Domínguez, xunto con outros contos de Bernardino Graña, Gloria Sánchez e Ana Mª
Fernández, co título “Historia do bigote dun gato que se chamaba Mimí”. Posteriormente,
é publicado en Everest Galicia con ilustracións de Suso Cubeiro. A historia
dun neno con can e gato (iso si, con aporte de responsabilidade na casa, o un
gardándoa e o outro facéndose cargo dos ratos). Como todos os nenos, Fiz, gusta
das tixeiras e de repetir o que ve facer, por iso despois de observar como o
barbeiro afeita a seu pai, decide facer o mesmo cos bigotes do gato. Como
Sansón, o gato perde as mañas e a elegancia e para arranxar o disparate,
aparecerá Manuel de Paderna, o gran Manuel de Paderna que será o gran
protagonista das súas novelas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario