A novela de Rivas, O último día de Terranova, acadou o premio da Crítica Española na modalidade de novela en lingua galega. Unha novela que camiña da man dunha familia por tres etapas diferentes a inmediata posguerra ditatorial, os tempos da morte de Franco e a actualidade (cando a libraría se ha de pechar por razóns económicas que non deixan de ser tan sociais e represivas como as anteriores). A novela é un tributo ás librarías, unha homenaxe na ao lado da tristeza por algo que remata está a dignidade do que sempre estivo aí, as ideas para lelas e falalas, a liberdade para vivir da maneira que sexa, as voces dos escritores e pensadores que nos acompañan saíndo dos libros...
Mentres a AGC (Asociación Galega da Crítica) e o Ateneo de Santiago realizan o acto de recoñecemento a esta novela e ao poemario Deserto de María do Cebreiro, a menos de cen metros o dono da libraría Encontros tamén acaba de colgar o cartel “Liquidación final de existencias por peche inminente.”
Ningún comentario:
Publicar un comentario